O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas da cidade saíndo da
Praza Roxa, en total perto de 20 ciclistas asistimos para disfrutar dun
agradable paseo por Santiago nunha noite preciosa e cunha moi boa
temperatura; a metade de percorrido fixemos unha foto de grupo no
Obradoiro (a cal está adxuntada nesta mensaxe). Posteriormente
xuntaríase algunha xente máis polo camiño, rematando a marcha na Porta
do Camiño, aínda que despois a xente que quixo foi tomar algo ó
Candinga, como ven sendo tradición.
Esperemos que pouco a pouco sexamos máis e que non decaia o ánimo!
Comentádeo á xente que use a bici de xeito habitual ou de xeito
esporádico, é unha boa maneira de que se enganchen ás dúas rodas.
Adiante e vémonos na seguinte Masa que terá lugar o 25 de novembro! (20:30 Praza Roxa)
|
|
A MC Compostela regala este mércores 30 de maio un timbre a todas as persoas que se acheguen coa súa bicicleta como arranque da iniciativa "A bici vai por barrios".
|
Ler máis...
|
|
Mañá mércores
día 25 celébrase unha vez máis a Masa Crítica
de Compostela, as 20:30 na Praza de Galicia. Cúmprense así
dous anos dende o inicio da celebración da Masa Crítica
en Santiago, na que ciclousuarios e ciclousuarias de Compostela
xúntanse unha vez ao mes para realizar un paseo colectivo en
bicicleta, reivindicando o papel da bicicleta como ferramenta de
transporte e a súa centralidade nun proxecto de cidade
sustentábel, humana e socialmente xusta.
|
Ler máis...
|
|
Mediante carta remitida a pasada semana, a asociaci?n ecoloxista Verdegaia convidou ao alcalde de Compostela, Xosé S?nchez Bugallo a participar na Masa Cr?tica que se celebrar? este mércores 31 de maio ?s 20:30 con sa?da dende a caseta de turismo da Praza de Galicia.
|
Ler máis...
|
|
|