Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas
MC Ponteareas
Botando a alfombra vermella para a bici PDF Imprimir Correo-e

Os carrís bici en Holanda son vermellos como en moitos outros sitios. Mais hai unha diferenza, non pintan a estrada, botan asfalto vermello! Isto garante maior duración e visibilidade, marcando claramente que corresponde a cada vehículo.

 
Obxectivo EuroVelo: 70.000 km de rutas en bicicleta sen parar PDF Imprimir Correo-e
"EuroVelo, a rede de vías ciclistas de longa distancia, debe incluirse na rede TEN-T ”. O pasado 15 de decembro, o Parlamento Europeo aprobou este mandato nunha resposta non lexislativa ao Libro branco do Transporte da Comisión Europea, reafirmando o voto acontecido en novembro dentro da Comisión de Transporte e Turismo.  "En 1995 tivemos a idea de desenvolver unha rede ciclista europea que debería rematarse no 2020. "Con esta esixencia aprobada polo parlamento Europea, esta idea ten dado un gran paso adiante para se converter en realidade" afirma  Bernhard Ensink, Secretario Xeral da European Cyclist Federation
Ler máis...
 
O potencial da bicicleta en materia de redución de emisións de gas de efecto invernadoiro PDF Imprimir Correo-e
A Federación de Ciclistas Europeos (ECF) acaba de publicar un novo  estudo sobre o potencial da bicicleta en materia de redución de emisións  de gas de efecto invernadoiro. Este estudo cuantifíca as  emisións de gas de efecto invernadoiro que se aforrarían se se utilizase  a bicicleta en lugar doutros medios de transporte.

http://www.ladyverd.com/articulo/1934/pedalear_contra_la_contaminacion.htm

Ver estudo http://www.ecf.com/wp-content/uploads/ECF_CO2_WEB.pdf
 
1000 ciclousuari@s reivindican a bici en Vigo PDF Imprimir Correo-e
 Vigo tivo que esperar ao domingo para ter un acto digno da Semana Europea da Mobilidade que, impulsada pola Comisión Europea, se celebrou durante toda esta semana. Entre 900 e 1000 bicicletas ocuparon as principais vías da cidade demostrando que a veciñanza de Vigo quere, ao igual que moitas outras cidades, gozar de espazos e infraestruturas que permitan a utilización da bicicleta a diario.
Ler máis...
 
V Masa Crítica Galega - sábado 1 de outubro ás 18:00 en A Coruña PDF Imprimir Correo-e

As anteriores edicións da Masa Crítica Galega acolléronse en Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo. Agora tócalle a quenda organizativa á masa da cidade d'A Coruña.

 A Masa Crítica Galega celebrarase saíndo o sábado 1 de outubro ás 18:00h. dende a Pza. de Mª Pita; se ben tamén hai máis actividades programadas o mesmo sábado e o venres 30 de setembro e o domingo 2 de outubro. Tamén se oferta aloxamento de balde nun polideportivo (pendente de confirmar)  para quen se achegue dende outras cidades.

 Podedes colaborar coa difusión do evento descargando o cartaz.

Cartaz V Masa Crítica Galega (A Coruña, 2011)



Máis información: no foro da masa crítica e no blogue para a ocasión: http://masacriticagalega.wordpress.com
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 18 de 164