O Concello de Chantada e a Policía Local presentaron na tarde de onte o
servizo de patrullas en bicicleta. Esta iniciativa permanecerá activada
durante os meses de verán ou ata que as condicións climatolóxicas
permítano, e funcionará unicamente polas tardes. Estará destinado ás
zonas verdes, e a vixiar o carril bici instalado tempo atrás na
localidade, e existe a posibilidade de que se patrulle polo centro da
vila.
|
Ler máis...
|
|
A asociación viguesa A Golpe de Pedal e o Eixo Atlántico reclaman á European Cyclists Federation que amplíe a ruta número un da rede Euro Velo , a que vai desde Cabo Norte ao Sur de Portugal, para que discorra polas costas galega e portuguesa desde Viveiro ata Vila Nova de Gaia, o que supón a inclusión de Vigo na rede.
|
Ler máis...
|
|
Os días 5 e 6 de xullo, Verdegaia organiza un fin de semana en bicicleta pola comarca da Limia. Ao longo da fin de semana achegarémonos tanto á faciana natural como á etnográfica desta zona. O percorrido inclúe visitas á Lagoa de Antela, o museo etnográfico de Vilar de Santos, o mosteiro de Trandeiras, á Carballa de Saínza, a aldea de Couso, a canle da Limia, a fervenza do río Férveda, a Torre da Porqueira e outros lugares de sinalado interese.
O roteiro é factíbel para todo tipo de persoas ao seren distancias moderadas sen ningunha pendente. Especialmente recomendábel para familias con nen@s en trasportín.
|
Ler máis...
|
|
|
A pesar de todas as campañas de publicidade, a realidade desvela que
non hai mellor campaña de mercadotecnia que aquela que afecta ao peto.
Os chamamentos á vida sa ou ao aforro enerxético fan madeixa moi
lentamente, pero cando van acompañados dunha subida no prezo dos
combustibles, a concienciación cidadá parece elevarse na mesma
proporción.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
Resultados 82 - 90 de 164 |