Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas
MC Ponteareas
Mobilidade nas cidades galegas PDF Imprimir Correo-e

Con motivo da semana da sustentabilidade en "A Cova da Terra" (Rúa Nóreas, nº12 - Lugo), este xoves ás 20h temos unha charla relacionada co mundo da bici:

Xoves 20: "Mobilidade nas cidades galegas. O uso da bici como medio de transporte. A experiencia das masas críticas”

A bici como un medio de transporte, os incovintes dunha cidade que crece por e para os coches, alternativas a utilización do coche e a humanización das cidades, e a reivindicación do uso da bicicleta como medio eficaz de transporte a través do movemento da masa crítica en Galicia. Tedes máis información aquí e no blog. Tamén tedes aquí unha reportaxe moi interesante e podedes tamén consultar o bici concerto que se vai facer.

Para máis info: Semana da sustentabilidade (blog da Cova da Terra)

 
Este venres é o 3º Aniversario da Masa Crítica Coruña !!! PDF Imprimir Correo-e
Este venres estamos de aniversario !!!

Sí, cumprimos 3 anos. Será unha masa moi especial na que percorreremos a ruta da primeira masa crítica, haberá colorido, ruído, festa, ... Imposible perdela!

E tamén haberá un magnífico regalo para unha das persoas que acuda á marcha:

Shocked Shocked ¡ATENCIÓN MASEIROS! Shocked Shocked

Con motivo da celebración do nuestro terceiro cumpreanos, ao final da masa crítica do 7 de novembro, sortearase entre @s participantes una magnífica bicicleta de carreras portuguesa de época (dos años 70), Sí!, líchedes ben, unha bici de 10 velocidades, xenerosamente cedida por Luis (o Dr. Bicicletas, na pasada masa de antroido), que por azares do destino nunca foi usada e estivo olvidada nun almacén durante demasiados anos... 

Así que xa sabedes, alguén voltará á súa casa con dúas bicis 

PD: (para quen no sepa quen é Luis, é o do gorro verde "quirófano")



http://www.bicis.info
http://www.bicis.info/foro
 
O UDC pon en marcha un servizo de préstamo de bicicletas gratuíto PDF Imprimir Correo-e
Un total de cincuenta membros da comunidade universitaria -xa sexan profesores, alumnos ou persoal administrativo e de servizos (PAS)- poderán gozar do novo sistema gratuíto de préstamo de bicicletas que acaba de pór en marcha a Universidade dá Coruña (UDC). O programa ten por obxectivo fomentar o transporte ecolóxico, estudar as particularidades do uso da bici nos diferentes campus da institución académica, e analizar a súa aceptación por parte da comunidade universitaria.
Ler máis...
 
Arousa en bicicleta apoia as bicicletas públicas e colaborará no deseño do servizo PDF Imprimir Correo-e
O colectivo Arousa en bicicleta recibiu onte con satisfacción a confirmación de que Vilagarcía disporá dun servizo público de bicicletas antes de xuño do próximo ano. A iniciativa, que dispón para o seu desenvolvemento dunha axuda de 140.000 euros procedentes do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) foi comunicada aos responsables da entidade pola concelleira de Promoción Económica e principal impulsora do proxecto, a nacionalista Rosa Abuín, nunha reunión celebrada o luns.
Ler máis...
 
Colisións entre bicicletas e veículos a motor PDF Imprimir Correo-e

semaforo bici Pese a sensación de inseguridade que produce en moita xente unha bicicleta, cunha condución adecuada, a seguridade é alta. Non obstante, ás veces se producen accidentes. Na medida en que coñezamos en que momentos e con que manobras hai un maior índice de risco, mellor poderemos evitar ter algún. Este estudo pode ser moi válido para axudarnos a comprender en que momentos debemos prestar unha maior atención ao tráfico que nos rodea.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 64 - 72 de 164