Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas
MC Ponteareas
O Programa Vías Verdes lanza un novo Visor cartográfico PDF Imprimir Correo-e
Tras o éxito do websig de Vías Verdes, creado en 2007, estívose traballo para conseguir completar e mellorar a información georeferenciada sobre Vías Verdes españolas facéndoa máis fácil, accesible e manexable. Desta forma conseguiuse esta moderna aplicación que permite consultar toda a información referente a estes itinerarios. Pódese acceder, manexar e interactuar coa cartografía dixital dispoñible para as vías verdes e as diferentes capas cartográficas, mapas, relevos e imaxes de satélite, que google e IDéEA (Infraestruturas de datos espaciais de España) publican na rede.
Ler máis...
 
Santiago únese co seu carril de Fontiñas á rede de cidades que fomentan o uso das bicicletas PDF Imprimir Correo-e
Santiago de Compostela unirase ás cidades españolas que desenvolven programas de impulso do uso da bicicleta. De feito, representantes composteláns asistiron o pasado outono, xunto a catorce cidades máis, a unha reunión en San Sebastián que constituíu o xerme desta agrupación que pretende popularizar os velocípedos nas rúas urbanas.
Ler máis...
 
A CRITICONA 2009 PDF Imprimir Correo-e

Masa Crítica Interplanetaria. Madrid. 30 de abril - 3 de maio.

Máis info en http://lacriticona.ourproject.org/

 
MCCoruña - 6 de febreiro ás 19:45h PDF Imprimir Correo-e

E despois dos temporais e ventos furacanados... chega o furacán a dúas rodas, chega a Masa Crítica! Aproveitaremos este mes de febreiro para finalizar o noso percorrido en Própolis, onde xa está montado o noso Taller de Bicicletas Própolis:

- Repara a túa bici: os luns de 18h a 20h acude a reparar ou poñer a punto a túa bici. Haberá algunha persoa que poda botarche unha man ou indicarche como facelo.

- Centro de recuperación de bicis: recollemos bicis vellas ou que non se usen, as reparamos e poñemos a punto e as cedemos a outras persoas que necesiten este medio de transporte.

xaneiro09 Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar de saída: Praza de María Pita
Lugar de chegada: Própolis (Rúa barcelona, 115)  
Día: venres 6 de febreiro de 2009
Hora: 19:45h

Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!

Máis info no foro: MCC febreiro 09
MCC febreiro 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Febreiro
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega

 
Redondela disporá dun servizo de préstamo de bicicletas no centro urbano PDF Imprimir Correo-e
O Consello da Xunta autorizou o pasado día 30 ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o financiamento e promoción do servizo de préstamo de bicicletas para "potenciar o seu uso como medio de transporte urbano" na localidade de Redondela, dotado cun orzamento de 140.000 euros. Ademais do municipio redondelano, outros catro concellos galegos -A Coruña, Culleredo, Ferrol e Vilagarcía- tamén gozarán deste servizo, polo que tamén recibirán outros 140.000 euros cada un deles para a súa posta en funcionamento.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 55 - 63 de 164