O sábado 30 de maio, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a
este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola
cidade sen malos fumes, ruídos, nin atascos. Podendo entrar e saír a
calquera hora e cantas veces se queira. Esta marcha social pretende dar
un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades e invitar aos
cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes
alternativos ao automóbil. É posible acougar o tráfico motorizado nas
cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas
funcións e actividades que realizamos nas rúas. Coa vosa participación,
conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.
Esta
iniciativa pretende concienciar á xente do abuso e mal uso que facemos
dos vehículos na cidade. Démoslle unha alternativa á nosa mobilidade!
Mesa informativa e punto de encontro no obelisco. Comentarios no foro: http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?t=1658
|
|
Os estudantes da USC que son bolseiros de sustentabilidade da Oficina
de Desenvolvemento Sostible, dependente do vicerreitorado de Calidade e
Planificación, comezan hoxe na facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais unha campaña para fomentar o uso da bicicleta como medio
de transporte habitual.
|
Ler máis...
|
|
No documental (dirixido polo tamén ciclista Ted White), o deseñador
neoiorquino Bliss conta a súa viaxe a China durante unha semana para
ver como a bicicleta funciona nunha poboación moito máis numerosa que a
estadounidense. Segundo descubre sorprendido, alí sentíase "arrastrado
pola masa, sentíala á túa ao redor, chegando de todas as direccións".
O título do documental, que dura uns 30 minutos, fai referencia aos
ciclistas de finais do século XIX. En 1890, antes de que os coches
fixésense donos das rúas, os ciclistas eran coñecidos como "Scorchers"
pola súa velocidade. Un século despois, nun mundo onde os automóbiles
son os principais causantes de problemas ambientais e sociais, o
documental fai unha clara alusión ao "renacemento das bicicletas".
|
Ler máis...
|
|
Este venres temos unha nova Masa Crítica. Agora parece que comeza o bo tempo e os días empezan a ser máis longos... Unha gozada coller a bici!
Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar de saída: Praza de María Pita
Lugar de chegada: San Pedro de Mezonzo
Día: venres 3 de abril de 2009
Hora: 19:45h
Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!
Máis info no foro: MCC abril 09
MCC abril 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Abril
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega
|
|
Uns 150 organismos, entre municipios, deputacións, entes públicos e
outros colectivos, constituíron en Sevilla a "Red de Ciudades por
la Bicicleta", para intercambiar experiencias, analizar o auxe deste
transporte sostible en España e intentar aplicar experiencias e
medidas vixentes en Europa.
A Asociación ten por obxecto a xeneración dunha dinámica entre as ciudades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenrolar a circulación dos ciclistas, especialmente no medio urbano, realizando para iso todas as accións necesarias para impulsar a bicicleta como medio de transporte e intensificando as iniciativas adoptadas co mesmo obxectivo polas Administracións públicas, asociacións e demáis axentes sociais.
De momento tan só temos coñecemento da inscrición dun municipio galego, Santiago de Compostela. Podedes atopar información máis detallada en http://www.bicicletapublica.org/red_ciudades_bicicleta.htm
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
Resultados 46 - 54 de 164 |