Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas
MC Ponteareas
O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas de Compostela PDF Imprimir Correo-e
O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas da cidade saíndo da Praza Roxa, en total perto de 20 ciclistas asistimos para disfrutar dun agradable paseo por Santiago nunha noite preciosa e cunha moi boa temperatura; a metade de percorrido fixemos unha foto de grupo no Obradoiro (a cal está adxuntada nesta mensaxe). Posteriormente xuntaríase algunha xente máis polo camiño, rematando a marcha na Porta do Camiño, aínda que despois a xente que quixo foi tomar algo ó Candinga, como ven sendo tradición.

Esperemos que pouco a pouco sexamos máis e que non decaia o ánimo!
Comentádeo á xente que use a bici de xeito habitual ou de xeito esporádico, é unha boa maneira de que se enganchen ás dúas rodas.

Adiante e vémonos na seguinte Masa que terá lugar o 25 de novembro! (20:30 Praza Roxa) masa_28_10_09.jpg
 
Estrea mundial da curta: "Unha BiciVoda na miña cidade" PDF Imprimir Correo-e

Hai uns meses celebrouse unha boda simbólica entre a bici e a cidade de Ourense que poñía fin a unha historia de desencanto e incluso de malos tratos.

Aquí temos xa o video de aquela ceremonia na que puxemos moitas esperanzas: 

http://www.youtube.com/watch?v=m0Za07vQZzM

 
Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense PDF Imprimir Correo-e

Xuntanza monográfica sobre a "Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense".

Resumimos aquí os comentarios e decisións da xuntanta do pasado xoves 10 de setembro en Ourense.
Estabamos alí 5 persoas.

Comentamos as razóns polas que xurde a proposta:
- Necesidade de transmitir as propostas dos biciusuarios de Ourense aos representantes políticos (Plantexábase a proposta de pedir unha xuntanza cos concelleiros do "ramo" para ver as medidas a prol da bicicleta que se poden tomar en Ourense.)
- Visibilizar socialmente ao colectivo de biciusuarios a través dos medios de comunicación. (confúndese a Masa Crítica con un colectivo, cousa que non é tal).
- Realización de actividades relacionadas con unha mobilidade sostible máis alá da Masa Crítica.

Plantexamos 2 posibilizades:
1.- Crear unha coordinadora de asociacións - plataforma ou algo así que trate o tema da mobilidade sustentable.
2.- Crear unha asociación nova.

Decídese tirar pola segunda opción, sobre todo por duas razóns:
- Unha asociación nova é máis sinxela de constituir e ten a entidade xurídica que necesitamos agora mesmo para presentarnos diante dos representantes políticos.
- Unha asociación nova na cidade pode atraer específicamente a biciusuarios que non están vinculados con ningunha outra organización pero que si coinciden coas reclamacións esenciais da organización. Tería esta función que nunha "coordinadora" non tería lugar.

Dito isto, xurden de novo duas opcións:
- Crear unha asociación de 0
- Crear o grupo de Ourense de "Mobiliza - Asociación por unha mobilidade responsable".

Explicarvos esta segunda opción:
Falando coa xente de A Coruña que dinamizan a Masa Crítica alí nos comentan que eles crearon en decembro pasado unha asociación por razóns semellantes as nosas e que o fixeron a nivel Galego. Isto é, que estaría haberta a que xurdiran grupos máis alá de A Coruña. Dito isto, enviaronnos os estatutos que os podedes ver aquí:  pdf estatutos_mobi-liza 50.15 Kb

Esta é en definitiva a solución que en principio vemos, os que alí estabamos onte, con mellores ollos. Por sinxeleza, pero tamén pensando no futuro, por posible repercusión e posibilidade de traballo conxunto con outros biciusuarios galegos.
"Mobiliza" ten unha colaboración coa UDC pero non ten nin web, nin logo, nin nada que vos poida enviar para que vexades como traballan. So os estatutos.

O que compre decidir entre todas-os sería se nos interesa a proposta de Mobiliza (eles o van a falar en Coruña tamén entre eles), e se estamos de acordo, pois como facer.
Que pensades?

- Sería preciso que os estatutos regularan algo sobre os grupos locais?
- Sería preciso unha acta constituinte ou algún documento escrito? Un acordo, convenio, ou algo así?

Podemos poñer as opinións en común para ir avanzando e a semana que ven falamos con eles e lles facemos unha proposta, ok??

Os que alí estábades, se tendes algún comentario a maiores, este é o momento.

 
III Masa Crítica Galega - 19 setembro, Lugo PDF Imprimir Correo-e
 Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero...

Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás 17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir.

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!
Ler máis...
 
Comeza a instalación do sistema de aluguer de bicis na Coruña PDF Imprimir Correo-e

O servizo municipal de aluguer de bicicletas comezará a funcionar o próximo día 15, polo que a empresa instaladora ultima os traballos para ter todo a punto para a inauguración. De feito, onte termináronse de colocar as dez estacións distribuídas por toda a cidade nas que se poderán coller as bicis. No entanto, falta por pór a punto a instalación eléctrica e o sistema informático que controlará o préstamo das 150 bicicletas que inicialmente estarán dispoñibles. O servizo dispón dunha web informativa e onde é posible inscribirse: www.bicicoruna.es.

Fonte: Instalan os dez puntos de recollida de bicis da cidade

 

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 37 - 45 de 164