Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas
MC Ponteareas
O presidente do COAG emprega a bici a diario e demanda máis transporte sustentable PDF Imprimir Correo-e

Presidente do COAG (José Manuel López Mihura) ultradefensor das dúas rodas

<<Góstanme pouco os coches. Amais, coa bici chegas moito cedo ós sitios, tes onde estacionar, e fas exercicio>> 

 

J.M. López Mihura, dende hai un mes novo presidente do COAG -en A Coruña- (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), emprega a bicicleta a cotío como medio de transporte para acudir ó traballo. Avoga por criterios urbanísticos que favorezan o transporte sostible como as bicicleta ou os autobuses, e pensa que habería que poñer maiores atrancos á dobre liña de aparcadoiro e ós aparcadoiros de coches en xeral.

(...) 

-¿É o coche o inimigo?

<<Habería que pór atrancos á dobre liña e ó aparcadoiro de coches. Habería que difundir a cultura do transporte público. Un deber de quen goberna é educar ó pobo. Crear a cultura da bicicleta camiña por pulir o carril-bici e mesmo o aluguer deste transporte.>>

(...)  

A entrevista a J.M López Mihura aparece na edición dixital e na impresa de La Voz de Galicia, o luns 20/6/2011.

 
1.000.000 de ciclistas máis en 2015 PDF Imprimir Correo-e
O proxecto 1.000.000 de ciclistas máis en 2015 estrea web  para comunicarse mellor co sector, dar a coñecer as accións que realiza e mostrar o proxecto. A nova web mellora a imaxe da campaña e destaca as noticias sobre o proxecto e as principais accións que realiza ConBici para conseguir o 1.000.000 de ciclistas máis que todos desexamos que haxa en España antes do 2015.
 
IV Masa Crítica Galega. 25 de setembro. Vigo PDF Imprimir Correo-e

 

 

 

Ler máis...
 
7-10 de agosto.Roteiro ciclista Ortigueira - Ribadeo PDF Imprimir Correo-e
 
Unha nova ruta turística en bicicleta permitirá descubrir a contorna do Umia e os seus muíños PDF Imprimir Correo-e
Os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia redactaron o borrador conxunto dun convenio de colaboración entre institucións para a xestión e promoción do centro BTT do Salnés. A intención é a implantar na comarca un novo produto turístico baseado nos paseos en bicicleta todoterreo pola marxe do río Umia. Crearase a marca C BTT Meis-O Salnés e entre os tres concellos inmersos no proxecto achegarán un total de 10.000 euros para mellorar a calidade deste destino turístico, a sinalización, a promoción e o desenvolvemento do plan.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 164