Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Finde ciclousuari@turistico na Limia en Xullo

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Xov Mai 29, 2008 7:24 pm    Asunto: Finde ciclousuari@turistico na Limia en Xullo Responder citando

Ola a todas,
En Verdegaia estamos a preparar un fin de semana en bicicleta pola Limia para o primeiro ou segundo fin de semana de xullo. Como ben sabedes A Limia é practicamente chan polo que a dificultade é cuasi 0. Preténdese coñecer os valores etnográficos e naturais desta zona, salientando as torres de vixía, o museo da Vilar de Santos, a Z.E.P.A A Limia, o CDR O Viso e moitos outros elementos que iremos atopando.

Hai distintas opcións de aloxamento e desprazamento ate Xinzo en función das persoas asistentes polo que aquelas que vos queirades apuntar enviádeme un correo a info@verdegaia.org para ir organizando.

O percorrido é moi recomendábel para familias "porta-nen@s" entre as que me inclúo

Smile
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Mai 29, 2008 11:52 pm    Asunto: Responder citando

Ten moi boa pinta, a ver como andamos de ocupacións para esas datas...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Mar Xuñ 17, 2008 7:43 pm    Asunto: Máis datos do fin de semana cicloturista da Limia de Xullo Responder citando

Os días 5 e 6 de xullo, Verdegaia organiza un fin de semana en bicicleta pola comarca da Limia. Ao longo da fin de semana achegarémonos tanto a faciana natural como a etnográfica desta zona. O percorrido inclúe visitas á Lagoa de Antela, o museo etnográfico de Vilar de Santos, o mosteiro de Trandeiras, á Carballa de Saínza, a aldea de Couso, a canle da Limia, a fervenza do río Férveda, a Torre da Porqueira e outros lugares de sinalado interese.

O roteiro é factíbel para todo tipo de persoas ao seren distancias moderadas sen ningunha pendente. Especialmente recomendábel para familias con nen@s en trasportín.

Datas: 5-6 de xullo

Custo: 0 €

Durmida: O Concello de Xinzo da Limia cedeu o uso do Pavillón Polideportivo para durmir a noite do sábado, onde teremos posibilidade de asearnos e gardar con seguranza as bicicletas. Tamén hai posibilidade de aloxarse en hostais que correrían por conta da persoa

Almorzo/xantar/cea: Serán por conta dos participantes. Os xantares faranse en rota. Hai posiblidade de concertar unha cea conxunta para o sábado en función do nº de participantes.

Transporte ate A Limia: Dependendo do lugar de saída dos e das participantes, buscarase a posibilidade de xestionar un autobús con remolque.

Que preciso: Bicicleta, saco de durmir, alforxa ou semellante e esteriña.

Para anotarse: info@verdegaia.org ou chamando ao 622 033 665
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala