Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Consumir menos, vivir mejor

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Mai 21, 2008 1:14 am    Asunto: Consumir menos, vivir mejor Responder citando

Desde mediados de maio de 2008 podes atopalo en bibliotecas e librerías (Editorial Txalaparta). E a partir de xuño podes descargalo gratis en Consumir menos, vivir mejor, onde tamén atoparás un enlace á web da editorial por se queres compralo e recibilo na túa casa.

En Consumir menos, vivir mejor, podes atopar, ademais, unha reseña do libro e enlaces a algunhas webs interesantes relacionadas co consumo consciente. Proximamente, na web atoparás o contido do libro estruturado de maneira que poidas consultalo comodamente; e tamén un foro no que compartir dúbidas, inquietudes, ideas prácticas, experiencias…

Vivir con menos non só axuda a construír un mundo máis solidario e sostible, tamén pode ser un xeito de facer o noso día a día máis saudable, relaxado e satisfactorio.

Nesta viaxe, no que nos toca nadar "ao contraxeito", fáltanos tempo, información, sentímonos a miúdo soas e incomprendidas… Estas páxinas conteñen información, reflexións e, sobre todo, cheas de ideas prácticas e contactos. Seguro que algunhas serven para facilitarche o camiño e achegarche a xente con quen compartilo.

Que o goces!

Contido íntegro do libro, calendario de actividades, preguntas e respostas e moito máis en Consumir menos es vivir mejor.


Algúns fragmentos seleccionados do libro:

MASA CRÍTICA E MÁIS

As bicis non bloqueamos nin retardamos o tráfico. Somos tráfico! Xúntate e defende este argumento...

As asociacións de ciclousuarios:
- Reivindican carrís bici, aparcadoiros para bicis, normas de tráfico en defensa das ciclistas.
- Fan cursos para aprender a andar en bicicleta, a circular entre o tráfico, a reparar bicis, ...
- Organizan excursións, encontros...
- Contacta. Coordinadora estatal (http://conbici.org), Kalapie (Donostia, 629271481, http://kalapie.org), Gasteizko bizikleteroak (Vitoria, 687308290, http://bizikleteroak.org), Biziz Bizi (Bilbao, 944795897, http://bizizbizi.org), Biciclistas de Corella (Nafarroa, biciclistasclub.tk).

Usa a bicicleta cada día e celébrao unha vez ao mes.

A masa crítica é un movemento internacional de ciclousuarios que, unha vez ao mes, circula en pelotón pola súa cidade (decenas no Estado español e centos no mundo) reivindicando a bici como medio de transporte e medidas que o defendan e promovan.

Disfraces, bicis decoradas, cancións... animan os paseos. En Bilbao, Vitoria-Gasteiz, Pamplona e decenas de cidades máis do Estado español. http://masacritica.es.

A marcha "ciclonudista" é unha cita anual que se celebra en diferentes cidades para denunciar que estamos "espidas ante o tráfico". http://ciclonudista.net.

Coñece a campaña "non oil" de ecomatriculación de bicis en http://terra.org/articulos/art00954.html.

Se o problema é onde gardar a bici, hai bicicletas plegables, ideais para uso urbano. Ocupan pouco e son moi lixeiras. Máis info en http://bicicletasplegables.com e http://recicleta.com.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala