Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

¿MASA CRÍTICA?

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Cuestións, Dúvidas e Recomendacións
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Josiño



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 256
Ubicación: Golfo Artabro

MensaxePublicado: Mer Out 08, 2008 4:25 pm    Asunto: ¿MASA CRÍTICA? Responder citando

¿QUÉ É MASA CRITICA?

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes"

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na obriga de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:

A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita.
Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza Roxa.
Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América.
Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios.
Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa
Ferrol. Últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño.


Este video é unha mostra do que acontece unha vez ó mes nunha cidade chamada Londres:

http://video.google.es/videoplay?docid=-8040990701422082895&q=critical+mass
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Cuestións, Dúvidas e Recomendacións Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala