Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

I Feira de Econonomía Social da Coruña (algo bicicleteira)

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Mer Mai 08, 2013 4:48 pm    Asunto: I Feira de Econonomía Social da Coruña (algo bicicleteira) Responder citando

Este sábado celébrase a I Feira de Economía Social da Coruña (sábado 11 de maio, de 11 a 21 horas na Praza de Pontevedra).

Haberá actividade bicicleteira a cargo de Velo aí vai. Alí teremos un posto informativo durante toda a xornada e tamén organizamos dous obradoiros de ergonomía, mantemento e reparacións básicas da bicicleta.

A inscrición nos obradoiros é gratuíta pero as prazas son limitadas. Para anotarte ou informarte mellor escríbenos a info@veloaivai.com ou mándanos unha mensaxe a través da nosa páxina en facebook (http://facebook.com/veloaivai).

Non esquezas indicar se te inscribes no grupo da mañá ou da tarde, os horarios son os seguintes:

- Grupo da mañá: de 11:00 a 13:30 horas.
- Grupo da tarde: de 17:00 a 19:30 horas.

Animámosvos a participar desta feira e coñecer as diferentes entidades presentes.

Reproducimos aquí a convocatoria da feira e a relación de entidades que confirmaron a súa presencia:

Cita:
A comunidade de Coruña se xunta ás organizacións solidarias de Galicia para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.
É por iso polo que, nesta sinalada data, organizamos unha Feira da Economía Social. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco, …
Nestes tempos nos que a economía está desprestixiada, na que desconfiamos de todo pero dun modo ou doutro seguimos alimentando a roda deste sistema inxusto, queremos visibilizar ás persoas e colectivos que tamén son economía, pero economía social. Proxectos que podemos potenciar, aos que derivar o noso consumo e nos que podemos tamén participar.
Nesta feira poderemos:
Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites.
Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico.
Coñecer outras alternativas á banca convencional.
Coñecer como conseguir servizos e bens sen cartos.
Descubrir e debatir sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, …
Ver en funcionamento cociñas solares.
Escoitar música libre.
E moitas cousas máis!
As organizacións que confirmaron a súa participación nesta feira son:
Proxecto Integral – https://www.facebook.com/IntegralCorunha
Fiare – http://fiaregz.wordpress.com/
Intermón Oxfam – http://www.intermonoxfam.org/
Solidaridade Internacional – http://www.solidaridadgalicia.org/
Labañou Solidaria – http://www.labanousolidaria.org/
Som Energia – http://www.somenergia.coop/
Os Picos do Sol – https://www.facebook.com/OsPicosDoSolAsociacionCultural
Arquitectos sen Fronteiras – http://galicia.asfes.org/
Proxecto Mulleres Colleiteiras – http://galicia.asfes.org/untitledpost
Veloaivai – http://veloaivai.com/
Rede de Troco Coruña – https://www.facebook.com/groups/redetrococorunha
Saca de Favores – https://n-1.cc/g/saca-de-favores
Reciclín Reciclán – http://reciclinreciclan.blogspot.com.es/
Taller de Polo
A Casa Tomada – http://casatomada.org/
Bricolabs – http://bricolabs.cc/
Zocamiñoca – http://www.zocaminhoca.org/
Leira Longa – http://www.leiralonga.com/
Rainha Lupa – http://cooperativadeagriculturaecoloxicarainhalupa.wordpress.com/
Val de Barcia – http://valledebarcia.blogspot.com.es/
Millo e Landras – http://milloelandras.blogspot.com.es/
Selva Lupi – http://www.selvalupi.com/
Afree K Art – https://www.facebook.com/afreekart
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala