Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

MC ESPECIAL DIA MUNDIAL DA BICICLETA

 
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Fran



Rexistrado: 22 Out 2007
Mensaxes: 149
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Abr 10, 2013 4:42 pm    Asunto: MC ESPECIAL DIA MUNDIAL DA BICICLETA Responder citando

O 19 de Abril celébrase o Dia Mundial da Bicicleta http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/784-19-de-abril-dia-mundial-de-la-bicicleta
Por este motivo en varias ciudades galegas estánse a organizar Masas Críticas Especiais simultáneas para o próximo SÁBADO 13 de ABRIL. En Vigo a MC sairá da Praza América ás 17:00h, en Compostela da Praza Roxa ás 18:00h, en Ourense estánse a organizar, e na Coruña a MC sairá as 18:00h da Praza de María Pita.

Se alguén se anima podería enviar esta noite (mércores 10) a seguinte nota de prensa como a que enviarán os de Vigo coa convocatoria:

Cita:
Nota de prensa Día Mundial da bicicleta

O 19 de Abril celébrase o día mundial da bicicleta, efeméride que administracións, asociacións e os propios ciclousuarios aproveitan para recordar as vantaxes inherentes á utilización deste medio de transporte.

A facilidade coa que se manexa e o seu baixo custo fan dela o medio de transporte democrático por excelencia, estimándose que sómente 10% da poboación non podería empregala por condicionantes físicos ou económicos.

A bici encádrase á perfección no modelo de cidade moderna orientada cara as persoas e a súa calidade de vida. Devolver a cidade aos cidadáns supón necesariamente un cambio na ordenación da mobilidade e a bici preséntase como a alternativa máis eficiente e respectuosa co entorno ambiental e social.

A pesar do éxito alcanzado pola bicicleta nas cidades que a posicionaron como un eixo prioritario na mobilidade urbana, xorde agora unha importante ameaza: as reformas do Regulamento de Circulación, coma a obrigatoriedade do uso do casco na bicicleta, que desde hai meses vén anunciando o Ministerio do Interior, e que hai uns días foron plasmadas nun borrador de decreto de reforma presentado pola Dirección Xeral de Tráfico.

Estas reformas suporían "unha gran perda de dereitos que de forma colectiva, cotián e práctica fomos multiplicando entre todas nos últimos anos. Habería un marco legal máis permisivo co acoso das ciclistas por parte de automobilistas e administracións, e marcadamente desincentivador do seu uso, o que non faría senón aumentar os riscos de padecer accidentes, lesións e a morte". A obrigatoriedade do casco en bicicleta tamén dentro das cidades "non só é unha medida de seguridade desproporcionada e meramente pasiva, senón que conlevaría unha redución importante dos desprazamentos en bicicleta". Lembran que Australia, o único país no mundo que implantou seriamente tal medida, viu como estes desprazamentos caían entre un 30 e un 40% sen que a porcentaxe de lesións e mortalidade se reducise a pesar do emprego obrigatorio do casco, e que "o único que se incrementou de maneira significativa no caso australiano foron as multas".

Diversas cidades e incluso a Red de ciudades por la bicicleta, á que pertencen concellos como Barcelona ou Sevilla nas que a implantación da bici como medio de transporte ten sido todo un éxito, xa se opuxeron a esta medida e solicitaron que a DGT revisara o borrador.

Deste modo aproveitamos para convidar a todas aquelas persoas que acreditan no potencial da bicicleta para transformar as cidades en lugares máis agradábeis a participar nas Masas Críticas, que se celebrarán o sábado día 13 de abril en varias cidades galegas:

A Coruña: Praza de María Pita - 18:00

Compostela: praza Roxa - 18:00

Vigo: praza América - 17:00

Compartide e difundide esta mensaxe.
Vémonos en bici. Fran
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Fran



Rexistrado: 22 Out 2007
Mensaxes: 149
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Abr 10, 2013 5:06 pm    Asunto: Nota de prensa actualizada Responder citando

Se fixeron uns cambios na nota de prensa (ao final xunto a última versión), que cada masa enviará aos contactos de prensa que teña na súa cidade (a idea é enviala hoxe mércores 10 pola noite).

Cita:
NOTA de PRENSA
Día Mundial da bicicleta – Marcha 13 Abril

O 19 de Abril celébrase o día mundial da bicicleta, efeméride que administracións, asociacións e os propios ciclousuarios aproveitan para recordar as vantaxes inherentes á utilización deste medio de transporte.

A facilidade coa que se manexa e o seu baixo custo fan dela o medio de transporte democrático por excelencia, estimándose que sómente 10% da poboación non podería empregala por condicionantes físicos ou económicos.

A bici encádrase á perfección no modelo de cidade moderna orientada cara as persoas e a súa calidade de vida. Devolver a cidade aos cidadáns supón necesariamente un cambio na ordenación da mobilidade e a bici preséntase como a alternativa máis eficiente e respectuosa co entorno ambiental e social.

A pesar do éxito alcanzado pola bicicleta nas cidades que a posicionaron como un eixo prioritario na mobilidade urbana, xorde agora unha importante ameaza: as reformas do Regulamento de Circulación, coma a obrigatoriedade do uso do casco na bicicleta, que desde hai meses vén anunciando o Ministerio do Interior, e que hai uns días foron plasmadas nun borrador de decreto de reforma presentado pola Dirección Xeral de Tráfico.

Estas reformas suporían unha gran perda de dereitos que de forma colectiva, cotián e práctica fomos multiplicando entre todas nos últimos anos. Habería un marco legal máis permisivo co acoso ás ciclistas por parte de automobilistas e administracións, e marcadamente desincentivador do seu uso, o que non faría senón aumentar os riscos de padecer accidentes, lesións e a morte.

A obrigatoriedade do casco en bicicleta tamén dentro das cidades non só é unha medida de seguridade desproporcionada e meramente pasiva, senón que conlevaría unha redución importante dos desprazamentos en bicicleta. Australia, o único país no mundo que implantou seriamente tal medida, viu como estes desprazamentos caían entre un 30 e un 40% sen que a porcentaxe de lesións e mortalidade se reducise, o único que se incrementou de maneira significativa foron as multas.

Diversas cidades e incluso a Red de ciudades por la bicicleta, á que pertencen concellos como Barcelona ou Sevilla nas que a implantación da bici como medio de transporte ten sido todo un éxito, xa se opuxeron a esta medida e solicitaron que a DGT revisara o borrador.

Deste modo aproveitamos para convidar a todas aquelas persoas que acreditan no potencial da bicicleta para transformar as cidades en lugares máis agradábeis a participar nas Masas Críticas, que se celebrarán o sábado día 13 de abril nas principais cidades galegas:

A Coruña: praza María Pita – 18:00
Compostela: praza Roxa – 18:00
Vigo: praza América – 17:00


Compartide e difundide.
Vémonos en bici. Fran
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
easynote
Convidado





MensaxePublicado: Mer Abr 10, 2013 7:27 pm    Asunto: Hora de saída Responder citando

Confirmades o inicio ás 18:00? En Vigo sairemos ás 17:00 e en Compos ás 18:00.
Estou creando unha imaxe cós 3 carteis e no d'A Coruña indica 17:00, a ver se o podedes cambiar.
Volver arriba
Fran



Rexistrado: 22 Out 2007
Mensaxes: 149
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Abr 10, 2013 7:49 pm    Asunto: Responder citando

Cita:
Confirmades o inicio ás 18:00? En Vigo sairemos ás 17:00 e en Compos ás 18:00

Si, confirmamos o inicio ás 18:00h. Se podes cambiar o cartaz moito mellor
Vémonos en bici. Fran
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala