Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Manifestación ante o acoso policial a migrantes.

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Lun Dec 26, 2011 2:05 pm    Asunto: Manifestación ante o acoso policial a migrantes. Responder citando

A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS:

O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún.Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña. Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a supervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital.

A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “de paisano” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas… son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo.

Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papeis da Coruña:

- manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as veces que faga falta e polos medios que consideremos necesarios.

- esiximos a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei.

- reclamamos do goberno municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como medio de solución desta situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.

Sabemos que ningunha persoa é ilegal, e sabemos que ninguén sobra nunha crise!!

VÉMONOS O XOVES 29 DE DECEMBRO ÁS 20:00h NAS RÚAS EN SOLIDARIEDADE CAS PERSOAS MIGRANTES; SOBREVIVIR NON É DELITO NIN COMPETENCIA DESLEAL!!!
Percorrido: dende Mª Pita ata o Obelisco
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala