Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

15 MAIO - democracia real ya
Ir á páxina 1, 2  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Xov Mai 05, 2011 10:46 am    Asunto: 15 MAIO - democracia real ya Responder citando

Editado:
"No somos mercancía en manos de políticos y banqueros"
A Coruña ( percorrido ) : OBELISCO, AVDA DE LA MARINA, PLAZA MARIA PITA.
Domingo, 15 de mayo de 2011 18:00


Arrow http://15maio.blogspot.com/


_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC


Última edición por danDDv77 o Mar Mai 10, 2011 5:53 pm; editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Xov Mai 05, 2011 1:48 pm    Asunto: Responder citando


Link

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Lun Mai 09, 2011 5:29 pm    Asunto: Responder citando

Cita:
Como sabéis, DEMOCRACIA REAL YA es una iniciativa NO PARTIDARIA nacida en las redes sociales y apoyada por multitud de colectivos y organizaciones sociales de distintos ámbitos que ha convocado manifestaciones en decenas de ciudades para el próximo domingo 15 de mayo. En esta web puedes encontrar el manifiesto, las convocatorias y materiales para difundir: http://www.democraciarealya.es

Desde xxxxxxxxxxxxx consideramos importante apoyar, desde fuera, estas iniciativas, que reflejan la justa indignación ante la crisis económica, el recorte de derechos y la degradación de la democracia.

Puedes ayudar a su difución:

· Si usas facebook puedes adherirte a esta página http://www.facebook.com/democraciarealya y a los distintos eventos de cada ciudad.

· Si usas twitter puedes seguir a @democraciareal y usar el hastag #democraciarealya o #15M

· Si usas tuenti esta es la dirección: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1257_68835744

· Si tienes blog puedes hacer una entrada difundiendo la convocatoria.

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mer Mai 11, 2011 2:08 pm    Asunto: Responder citando

http://democraciarealya.es/?page_id=466
Cita:
Manifesto (galego)

Manifesto DEMOCRACIA REAL XA

Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:

As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.

Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.

O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.

A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.

A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.

A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.

Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.

Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.

É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.

Por todo o exposto, estamos indignados, estamos indignadas.
Cremos que podemos mudalo.
Cremos que podemos axudar.
Sabemos que, unidos, podemos.
Sae connosco. É o teu dereito.

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Ven Mai 20, 2011 1:59 pm    Asunto: Responder citando

Jose Luis Sampedro + 15M : NO HAI DEMOCRACIA(10'23'')

Link


José Saramago ''¿Donde está la democracia?" (1'53'')

Link


.
.
.
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Ven Mai 20, 2011 9:59 pm    Asunto: Ciclotaller na acampada do Obelisco. Responder citando

Ciclotaller na acampada do Obelisco!

Mañá haberá taller de autoreparación de bicicletas na
xornada de artes e oficios que celebra a acampada do
Obelisco. Estaremos por alí con toda a ferramenta a partir
das 11:00. Vémonos!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Sab Mai 21, 2011 8:10 am    Asunto: Responder citando

Á xente gustáronlle os videos. Ligo a algúns documentos máis:

· Entrevista de Iñaki Gabilondo a Carlos Martínez (coordinador de ATTAC) en CNN+ [Vid 26'55'']
http://www.attac.es/entrevista-de-inaki-gabilondo-a-carlos-martinez-en-cnn/

· El gran discurso antisistema (1999) : Julio Anguita
http://www.youtube.com/watch?v=OVvsbVibMvQ

· ''A vida é outra cousa'' na CUAC.FM 103.4 (31/03/2011)
www.ivoox.com/a-vida-e-outra-cousa-xusti...mp3_rf_596357_1.html
Entrevista a Gregorio López Sanz (ATTAC) : gregoriolopezsanz.blogspot.com . Poñede no 15'40 . Son 30 minutos .

· ''A vida é outra cousa'' na CUAC.FM 103.4 (24/03/2011)
www.ivoox.com/a-vida-e-outra-cousa-prime...mp3_rf_596229_1.html
Entrevista a Esther Vivas sobre soberanía alimentaria : esthervivas.wordpress.com . Poñede no 7'00 . Son 13 minutos .
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Sab Mai 21, 2011 8:17 am    Asunto: Responder citando

CONTRAATACANDO (ATTAC) | ESTRATEGIA FRENTE A LA DICTADURA DE LOS MERCADOS
Jose Luis Sampedro, Rosa María Artal, Federico Mayor Zaragoza, Carlos Berzosa, Vicenç Navarro, Lourdes García



PARTE 1 (1h08)
http://vimeo.com/17853302


PARTE 2 (1h12)
http://vimeo.com/17887279
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Sab Mai 21, 2011 8:25 am    Asunto: Responder citando

· ''El mundo en rumbo de colisión'' Manfred Max-Neef (premio Nóbel Alternativo de Economía) (1/12/2009) (varias partes)


Link

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mar Mai 24, 2011 5:57 am    Asunto: Responder citando

''La tercera república'' : Julio Anguita (4/2009) [1h30]
(Información, formación e debate : Julio Anguita non fala coma político senon coma politólogo ou historiador; así fai unha reflexión simbólica e non partidaria que leva por nós a empregar os miolos)


Link

· http://wn.com/Intervenci%C3%B3n_de_Julio_Anguita_sobre_la_Rep%C3%BAblica
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mar Mai 24, 2011 6:27 am    Asunto: Responder citando

E por descontado, o ''Crash Course'' de Chris Martenson, que levo na sinatura. +6 horas para poñerse a andar en coñecementos do que enfrontamos en vindeiros anos.
(centrado en USA, pero moi valioso para comprender a múltiples crises encabalgadas que enfronta a humanidade)


Arrow http://www.chrismartenson.com/crashcourse/espanol


VARIOS CAPÍTULOS

Link


Cita:
1 Tres creencias 2:18
2 La sigla "EEMA" 3:16
3 Crecimiento exponencial 8:27
4 El problema es la función exponencial 4:40
5 Crecimiento frente a prosperidad 5:15
6 ¿Qué es el dinero? 9:17
7 Cómo se crea el dinero 7:39
8 La Reserva Federal 10:42
9 Brevísima historia del dinero usamericano 10:57
10 La inflación 17:23
11 ¿Cuánto es un billón? 4:46
12 La deuda 17:38
13 La incapacidad nacional para el ahorro 17:20
14 Activos y Demografía 19:51
15 Burbujas 19:45
16 Las cuentas no cuadran 21:37
17a Parte A: El pico del petróleo 25:14
17b Parte B: Economía de la energía 17:29
17c Parte C: Energía y Economía 9:50
18 El medio ambiente 23:47
19 El incierto futuro 11:04
20 ¿Qué debo hacer? 22:53

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Xuñ 01, 2011 7:12 am    Asunto: Responder citando

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/06/01/0003_201106H1C4996.htm


La indignación no entiende de edad. Lo acredita Nicanor Acosta. Sus 72 años no le han impedido incorporarse a la comisión de acción de la Acampada Coruña. «La rebeldía de ellos es totalmente justa», explica este ex sacerdote que ya sabe lo que es terminar en la cárcel por luchar por lo que él considera justo. «En la Dictadura fui cura en la iglesia de San Jorge. Una vez leí un documento sobre las torturas que se realizaban en España, pidiendo una investigación a los organismos internacionales y terminé entre rejas cerca de un año», recuerda.
De aquellos tiempos, Acosta recuerda que «teníamos un enemigo claro», no como ahora en el que «se esconde con el nombre de los mercados, ¿quiénes son los mercados?». Este indignado sostiene que «el malestar es general y los políticos no representan ese malestar» y, aunque está totalmente involucrado en la causa, «se verá luego si estamos ante un antes y un después».

«Conscientes de la situación»
Lo que sí tiene claro es que quienes acusan a los acampados de vagos o ilusos cometen una gran injusticia: «Son chicos estudiosos y muy conscientes de la situación. Se trata de gente muy responsable que pretende que la ciudadanía recupere su dignidad».
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mer Xuñ 01, 2011 4:18 pm    Asunto: asinade e difundide Responder citando

· Asina, AVAAZ petición por unha democracia efectiva
http://www.avaaz.org/es/spain_people_power/?rc=fb&pv=21


A los líderes de todos los grupos parlamentarios nacionales y autonómicos de España: escribiu:
Les pedimos que tomen medidas inmediatas para establecer mecanismos de diálogo eficaces con las distintas plataformas ciudadanas. Y exigimos un sistema electoral más democrático e inclusivo; medidas contundentes contra la corrupción; la aprobación de una ley de transparencia efectiva; y urgentes reformas económicas que beneficien a toda la ciudadanía. Ha llegado la hora de dar comienzo a una nueva era de democracia y ciudadanía activa en nuestro país.





· Asina contra a corrupción por unha Lei de Transparencia xa!
http://actuable.es/peticiones/pide-al-ministro-la-presidencia-se-apruebe-con-urgencia
Cita:
España é o único país europeo con máis dun millón de habitantes que non conta con unha lei de acceso á información pública : o cal favorece absolutamente a corrupción, dificulta enormemente a tarefa de denunciala www.leydetransparenciaya.info





· Asina o Manifesto Periodismo Ético Xa
http://www.periodismoeticoya.es/?p=66



- - -

Fomento de la Participación Ciudadana
Cita:
nos gustaría informar a todas las asambleas españolas para que puedan presentar una Iniciativa Legislativa similar en su Comunidad Autónoma.

http://iniciativalegislativa15m.blogspot.com/2011/05/ley-andaluza-para-el-fomento-de-la.html
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Sab Xuñ 04, 2011 9:56 pm    Asunto: Responder citando


Link

_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mer Xuñ 08, 2011 5:11 am    Asunto: Responder citando

Arrow http://bencomun.blogaliza.org

Promoven o seguinte algúns coñecidos maseiros:
Xan Duro Fernández
Ramón Faraldo Pardo

.
.

(subliñado e resaltado por min)
Cita:
DESDE A INDIGNACIÓN PREPARANDO O FUTURO
NECESÍTANSE NOVOS ENFOQUES PARA NOVOS HORIZONTES

O movemento cidadán 15-M e os resultados das pasadas eleccións municipais do 22-M puxeron de manifesto unha enorme desafección polas actuais fórmulas de participación política dun sector cada vez máis amplo da poboación. Unha desafección que prexudica unicamente a esquerda, que leva sen renovar prácticas políticas, discursos, actitudes e estruturas os últimos vinte anos.

O xurdimento do movemento 15-M, alén do seu alcance concreto, é o sintoma de que algo non vai ben e de que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón político-representativa e a cultura política xurdidas da transición están esgotadas: precísase de novos espazos de participación e de novos interlocutores para a mediación.

Desde hai anos a indignación medra entre as persoas de esquerda que, formando ou non parte da súa base asociativa, somos parte da súa base sociolóxica e electoral. As últimas eleccións demostraron que existe unha corrente de fondo que percorre transversalmente todas as formacións partidarias. Non só se castiga a quen goberna con políticas de dereitas ou de costas á cidadanía, senón que tamén se pune, por desconfianza e polo descrédito acumulado, ás forzas que desde a esquerda poderían recoller o descontento xerado.

En concreto, a nova derrota da esquerda nacionalista nas pasadas eleccións confirma unha tendencia iniciada hai dez anos, pola que vén perdendo o pulso cidadán naqueles espazos xeográficos e xeracionais cara aos que debería ser máis sensible e onde tería que atopar maior receptividade. Preocúpanos que, de seguiren o mesmo rumbo, a derrota do tándem PSdeG/BNG nas próximas eleccións autonómicas non sexa só unha derrota electoral máis senón que teña consecuencias irreversibles sobre o futuro da esquerda e do porvir do país no medio e longo prazo.

En todo caso, a evolución do PSdeG responde a coordenadas e parámetros condicionados por iniciativas que se resolven fóra das nosas fronteiras. O problema, aínda que sendo un desastre e actuando como condicionante, é en boa medida alleo a nós. Preocúpanos máis o outro espazo necesario e imprescindible para a construción dunha Galicia autogobernada, sustentable e avanzada: o espazo da esquerda nacional.

Cada un/ha de nós está asistindo até agora á situación desde lugares diferentes: algunhas persoas estamos na militancia partidaria no nacionalismo, unha boa parte pertencemos a organizacións sociais, outros atopámonos próximos/as a outras forzas de esquerda, a maioría andamos á expectativa de novos proxectos. Desde a expectación o conxunto, desde a resignación unha boa parte. En todo caso, con certeza, todos e todas interesados en que apareza algunha iniciativa en positivo e en que as cousas se desbloqueen.

Nunca a indignación fora tanta e as expectativas tan altas. Pero, lamentablemente, as forzas de esquerda nin están nin ninguén as espera. Os distintos movementos que foron xurdindo, mesmo das correntes críticas e renovadoras internas das organizacións políticas, non pasan de ir máis aló de recompoñer os espazos xa existentes, coma se nada tivera ocorrido.

Isto non pode seguir así. Existen novas realidades que nos interpelan. Existen novas transversalidades que interconectan e permeabilizan os espazos noutrora estancos. É a hora da cidadanía.

Asistimos á segunda onda de cambios posglobalización e de nós depende participarmos e contribuírmos a eses cambios desde o noso país ou ficarmos definitivamente á marxe e sermos arrastrados por eles. O noso país mudou substancialmente nas últimas décadas e precisa ser reinterpretado, repensado e inserido nun contexto global altamente interrelacionado e codependente.

Interpelamos as forzas políticas da esquerda e o nacionalismo en particular para que tome nota desta nova situación.

Interpelámolas porque mais aló de sermos afiliados ou non ás ditas forzas, como base sociolóxica e electoral das mesmas, nós tamén estamos a ser interpelados.

Cómpre que as persoas e colectivos da esquerda social, que se estruturan de xeito moi variado, xunto coas persoas e colectivos críticos que participan da esquerda partidaria, nos xuntemos para promover unha alianza cívica e política ampla que permita a creación de espazos comúns de acción política.

Cómpre seguir a promover contactos, encontros e diálogos, no concreto, para comezarmos a vertebrar a esquerda nacional do século XXI.
Hoxe, afortunadamente temos ferramentas que posibilitan transformar a indignación en procesos propositivos.

Non é momento de pequeno apaños, de releos curtos. É a hora da política e da intelixencia, de erguer a vista e mirar máis aló. Con xenerosidade. Abstéñanse resentidos.

Convocámonos e convocamos a todas e a todos os que se sintan interpelados para realizarmos un encontro aberto e plural, ollando cara ao futuro. A primeira cita o próximo domingo 19 de xuño nas mobilizacións cidadás.
O futuro depende de nós. Indignados e á vez esperanzados. Indignadas e á vez preparando o futuro.

En Trasellas-Teo, a 3 de xuño de 2011.

_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina 1, 2  Seguinte
Páxina 1 de 2

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala