Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Cicloturismo: A Coruña -Malpica e volta

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Xov Mai 20, 2010 9:32 pm    Asunto: Cicloturismo: A Coruña -Malpica e volta Responder citando

Bonita convocatoria enviada hoxe por rotor_galego á lista da MC coruñenta:

Cita:
ola cicloturistas
despois de santiago, lugo, madrid....
xa estamos preparados para a primeira volta cicloturista integral
coruña malpica coruña
ida e volta en bici
non esta relacionado con ninguna masa critica, e cicloturismo puro, ciclolúdismo e cicloculinario

xa estamos preparados para a primeira volta cicloturista integral

temos un polideportivo municipal en malpica para pasar a noite do 19 o 20 de xuño
saimos da coruña, celebramos unha cea salvaxe con cánticos e logo un torneo de futbolin, por facer algo distinto.

o dia seguinte volta



En Malpica hai unha tradición relacionada cunha praga de serpes e unha serpe xigante que tiña asolagada a toda a pobración de Bergantiños. Pero, coma pasa en toda historia que ten malos, apareceu un heroe que foi quen de salvar a poboación matando a todalas serpes e ,finalmente, afogando tamén a xigante que queria fuxir polo mar as salvaxes Sisargas. Este heroe chamabase Hadrian. Foi santificado e é venerado cada ano por estas datas. E miragreiro e ten remedio para as vorrecas (verrugas castelans).

O que non sabe o Santo Hadrian e que unha nova serpe multicolor vai facer tremer Malpica na noite do 19 de xuño de 2010, no seu día.

Nesta edición, en principio e salvo que apareza algún voluntario, non habera coche escoba e cada un tera que levar as suas cousas na suas alforxas ou mochilas postas no portabultos.

coma sempre, saco e esterilla
é importante apuntarse canto antes polo asunto da cena
tamén a xente que quera unha pensión ou hotel a de saber que nesas datas podería ter problemas dada a cantidade de xente que vai o Santo Hadrian

a serpe esta a despertar, poñede as bicis a punto

a ruta será todo pola costa e pisando moi poco asfalto

http://www.bikely.com/maps/bike-path/to-malpica-from-coru-a


http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/19_de_xu%C3%B1o%2C_santo_hadrian._Coru%C3%B1a-Malpica-Coru%C3%B1a
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Xov Xuñ 10, 2010 12:20 pm    Asunto: Responder citando

Actualizo. Info cortesía novamente de rotor_galego pola lista de correo:

Cita:
ORDE DO DÍA PARA OS QUE SAIAN DE CORUÑA:

09:00 Explanada do Estadio Riazor
Antes de coller pista: Sesión de "Estira coa tua bici" a cargo dun especialista engañado para tal fin
12:00 Reagrupamento nas terrazas de Caion
13:00-14:00 Chegada e reagrupamento en Razo pra xantar o que levedes ou querades pillar nos bares da zona ou polo camiño

16:00-19:00 Ruta Razo-Malpica

*****************************************************************************

notas importantes:

1. Temos que levar os nosos bultos e NON CONTAR con coche escoba
2. Tendes que saber que o casco vai ser obligatorio en algunhos tramos e sempre recomendable, BUSCADE CASCO.
3. Traede TAPONS para os oidos, o que ronca ainda non se apuntou pero e posible que acabe por vir.
4. A cea reservarase o dia 16 como límite, a partires de ese dia non se garantiza poder convencer o hosteleiro de que poña un prato máis. Os veganos e vexetarianos que o indiquen no editgrid, na columna de comentarios, para ver que opciónshai.
Buscarase o menú máis barato e xinxelo, con mais hidratos que grasa e máis viño que hidratos. Informaremos o largo da semana.
5. O bus tamén, sobre o 16 ou 17 de xuño teremos que concretar. Un bus Travidi de 50 prazas sae por 180 euros. Pagarasé no momento. Poderase decidir a hora de volta e traer as bicis sen problema. O día 16, os que esten apuntados o bus decidiran se se contrata ou non.
6. Os que volvan en bici poñeranse de acordo, se queren, para o retorno do domingo. Xa sabendo a ruta e máis ou menos o esforzo que supon, poderáse calcular mellor o tempo de viaxe. Os dias son largos, da tempo para todo.
7. Traede para ir picando polo camiño (platanos, chocolate, frutos secos, auga) e así evitar posibles paxaras e dores musculares que pasen factura na berbena


avisade a todo o mundo
seguiremos informando




apuntadevos aquí: http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/19_de_xu%C3%B1o%2C_santo_hadrian._Coru%C3%B1a-Malpica-Coru%C3%B1a





e lembrade a maxima de pakinho, un dos nosos bardos: "pedal de dia, pedal de noite"


enlace de interes :http://www.granabike.com/consejos/estiramientos.html
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mar Xuñ 15, 2010 10:06 am    Asunto: Responder citando

Se alguén está entre fusto e lusco para engadirse ou non, e se non lle motivan o suficiente as (boas) rutas de RotorGalego, e como non vai haber coche escoba, e aunque aínda queda algunha pinga no ar do que se fará nestes días ...pois eu vou leva-lo carriño, e vouno levar case no aire de descargado; así que se unha ou duas persoas están en dúbidas, que non sexa pola equipaxe. (e penso que sei o que digo cando me ofrezo a leva-la equipaxe). Así que apúntense en público.

Por outra banda, 40 ou 60 km os fai CALQUERA, máis a ritmo suave (calquera que non pase os seus días nunha cadeira). Penso que namáis alguén que colla a bici 1 vez cada dúas semanas para 20km xa vai ben para esquecerse de malas sensacións ou sobreesforzos.
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
pshyonm



Rexistrado: 12 Mar 2010
Mensaxes: 501
Ubicación: Coruña

MensaxePublicado: Mar Xuñ 15, 2010 4:16 pm    Asunto: Responder citando

Perdona la vagancia pero no me he leído el tema completo... ¿me resumes algo?

Qué día es?
De dónde y a qué hora se sale?
Se acampa fuera o se regresa en el día?
_________________
Hay personas a las que es preferible no venderles nada...
Por cada libro que se le vende a un pirata se dejan de vender 10 ó 100.
Dada la aficción a piratear los libros es preferible no vender nada y cerrar!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Rabasa Derbi



Rexistrado: 18 Mai 2010
Mensaxes: 114
Ubicación: Pontevedra

MensaxePublicado: Lun Xuñ 21, 2010 4:27 pm    Asunto: Responder citando

Percorrido do día 20:

En azul: Porto de Santa Cruz-Baldaio.
En Vermello: (Malpica de Bergantiños-)Baldaio-A Coruña.
En verde: A Coruña-Porto de Santa Cruz.


(Premer na imaxe para ampliar).
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xuñ 24, 2010 5:24 am    Asunto: Responder citando

editado por demanda do interesado; escribiu:

Ola,
fai o favor de editar ou eliminar esa mensaxe no foro. É dunha actividade que non ten carácter activista e ademáis a foto é ultrapersonalísima. Un mínimo de privacidade por favor.
Se non o fas terei que escribir a xanduro ou a marcial, pero esa foto non é apropiada.
Abrazos, cacho energúmeno.



A foto (espertando dunha sesta na praia) levaba sobreimpresa ''Estou polo chan... non entendo como un día me erguín, e xa era moderador deste foro. Pero aínda entendo menos como a xente o pasa tan ben no que se organiza, e logo non partilla sequera nin unhas fotos. Abandono, abandono, abandono... ''
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Xul 02, 2010 4:06 pm    Asunto: Responder citando

Fotos de Roberto:





[img][/img]
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
Rabasa Derbi



Rexistrado: 18 Mai 2010
Mensaxes: 114
Ubicación: Pontevedra

MensaxePublicado: Xov Xul 08, 2010 10:30 pm    Asunto: Responder citando





Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala