Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

REDES EN REDE, tecendo alternativas, Ruesta 1-4 abril

 
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
danDDv77
Convidado





MensaxePublicado: Xov Feb 25, 2010 5:35 am    Asunto: REDES EN REDE, tecendo alternativas, Ruesta 1-4 abril Responder citando

http://redesenred.net/pg/pages/view/651/

REDES EN REDE, TECENDO ALTERNATIVAS. Xuntanza en Ruesta, prepirineo aragonés do 1 ao 4 de abril.
Comezan as inscripcións para a xuntanza!!

Chamada ás activistas do decrecemento, da permacultura, da agroecoloxía, das cidades e pobos en transición, da autoxestión, do anarcosindicalismo e outros sindicalismos combativos, da ecoloxía social, da economía solidaria, da autonomía, do vivir sen capitalismo. A todxs xs activistas que se sintan incluidxs.

Para toda a xente que se sinta suficientemente preto para acudir, dende a península ibérica ou arredores.
Unha xuntanza de 4 días, de posta en común e coordinación de todas as redes e movementos que traballan e apostan polas alternativas ao capitalismo, ao autoritarismo e ao patriarcado.

Queremos coñecernos máis e aprender a traballar coordinadxs, tanto no ámbito global, como nos múltiples ámbitos locais e sectoriais. Somos redes novas, non tan novas e veteranas. Temos en común a nosa oposición ao sistema capitalista e a aposta e priorización da construción de alternativas. Agora temos a ocasión de colaborar todxs de xeito máis integral. O mellor xeito de comezar é organizar este evento xuntxs.
Queremos poñer en común e alimentar prácticas que camiñen cara outro xeito de vivir nun tempo crucial dada a crise do sistema.
Exemplificar e multiplicar os proxectos e as coordinacións que existen no local, para avanzar na senda de novos modelos socioeconómicos.

O lugar escollido é Ruesta, pobo da provincia de Zaragoza, a un paso do Pirineo aragonés. Ruesta foi expropiado e desaloxado a causa da construción do embalse de Yesa, que tamén rematou coa vida noutros pobos achegados: Tiermas e Escó. Este territorio segue a estar ameazado 50 anos despois polo proxecto de crecemento de Yesa, que afectaría gravemente á súa maltratada riqueza cultural e natural. Esta gran obra pública, ademais de ter importantes afectacións sobre o medio ambiente, ameaza xacementos arqueolóxicos e diversos bens culturais protexidos no ámbito do Camiño de Santiago, patrimonio da humanidade dende 1993. O sindicato CGT (Confederación General del Trabajo) autoxestiona a recuperación de Ruesta dende 1988, cando a Confederación Hidrográfica do Ebro lle cedeu o uso do pobo.
En solidaridade coas boas xentes que resisten e loitan polos seus pobos vivos, a xuntanza plantéxase ao mesmo tempo como unha Concentración de 4 días polo decrecemento de Yesa. Pola recuperación natural do río Aragón.

A xuntanza seguirá dinámicas asemblearias, cun programa que incluirá áreas temáticas, áreas transversais e reunións territoriais, e que tentará combinar a presentación previa de documentos, coa autoorganización durante o evento polxs propixs participantes.
Xa contamos cunha proposta de áreas temáticas, que serían as seguintes:
vivenda, economía alternativa e solidaria, traballo asalariado, ecoloxía práctica, soberanía alimentar, educación, enerxía, transporte, saúde, relacións humanas e vida comunitaria, comunicación alternativa, centros sociais e ocio.
Dende agora podedes enviar documentos e propostas para cada unha delas.
A información de cómo facelo, atoparédela NESTA LIGAZÓN
Próximamente pediremos tamén aportacións para as áreas transversais, podedes comezar a pensar que vos gustaría incorporar nelas.

Finalmente aínda que non por iso menos importante. COMEZAN AS INSCRIPCIÓNS PARA A XUNTANZA. Podédesvos anotar NESTA LIGAZÓN.
A inscripción é de balde mais é fundamental para podermos prever a loxística dun evento destas características. En canto teñamos os prezos dos xantares e opcións de transportes, poremos a información en común.
A data límite para a inscripción é o 26 de marzo.
En solidaridade

Grupo convocante de 'REDES EN RED, construyendo alternativas al capitalismo'
http://redesenred.net
(grupo convocante formado por xentes de Podemos vivir sin capitalismo, Ecologistas en acción, Red de permacultura ibérica,
CGT, movimiento zeitgeist, Xarxa pel decreixement, Caracol zaragoza red de personas pola autonomía zapatista, REAS e aberto a quen queira sumarse)
Volver arriba
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala