Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Xornadas sobre transportes/mobilidade na Casa das Atochas

 
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Mar Feb 09, 2010 2:31 am    Asunto: Xornadas sobre transportes/mobilidade na Casa das Atochas Responder citando

Programa provisional das xornadas. Con respecto ao que enviei pola lista da Masa Crítica A Coruña hai unha novidade; na mesa redonda do día 11 estará tamén a Asociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos.

Cita:
Xornadas sobre transportes/mobilidade na Casa das Atochas

Enderezo: C.S.O. Casa das Atochas,
r/Atocha Alta 14,
Montealto; A Coruña.
http://casadasatochas.info

Martes 9 de febreiro ás 20:30 horas CINEFÓRUM SOBRE CICLOACTIVISMO coa proxección de WE ARE TRAFFIC! (1999), Ted White. VOSC.
Dirección e producción: Ted White.
Duración: 50 minutos.

En setembro do 92, tras un visionado de Return of the Scorcher (1992), un grupo activista da cidade de San Francisco toma do documental do propio White o nome de Masa Crítica para a práctica de paseos ciclistas mensuais na que comezaran a traballar pouco tempo antes. Aínda que tamén dea conta da rápida internacionalización do movemento político, WAT está centrada nesta experiencia californiana da que agroma un conxunto táctico que -con pequenas diferencias en cada localización singular- é o blandido en centos de cidades; unha zona autónoma temporal e festiva que circula resignificando as bicicletas e os espacios públicos baixo o dominio das políticas do todo para o coche privado. A máis, é en San Francisco onde se dá a máis disparatada intervención para controlar a Masa Crítica desde os poderes públicos, que titubean entre a disuasión e a patrimonialización, e que desencadeará os disturbios de xullo do 97.

O cinefórum contará con intruducción a cargo dun activista local.


Mércores 10 de febreiro a partir das 20.30 horas PALESTRA: UNHA VISIÓN CRÍTICA DO TAV
a cargo de Valdés.


Xoves 11 de febreiro ás 20.30 horas MESA REDONDA con COLECTIVOS GALEGOS CONTRA O AVE.

A construcción da rede ferroviaria europea de alta velocidade conta coa oposición de diversos movementos sociais que están a organizar a resistencia a un proceso medioambiental e socialmente agresivo de reordenación do territorio i elitización do transporte ferroviario e da mobilidade en xeral.
Teremos oportunidade de coñecer as loitas galegas contra o AVE nunha mesa participada pola Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda (http://asociacion-cultural-lucerna.espacioblog.com/), a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas (http://aguaslimpas.blogspot.com/) e a Asociación de Afectados polo trazado do AVE A Coruña-Betanzos.


E xa de paso, o programa mensual do centro:

http://www.casadasatochas.info/2010/02/05/programa-de-febreiro/
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Este foro está pechado: non podes publicar, responder nin editar temas.   Este tema está pechado: non podes editar mensaxes nin responder.    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala