 |
Foro das masas críticas galegas

|
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
Autor |
Mensaxe |
Moncho Vázquez

Rexistrado: 12 Abr 2008 Mensaxes: 295
|
Publicado: Xov Mai 20, 2010 9:32 pm Asunto: Cicloturismo: A Coruña -Malpica e volta |
|
|
Bonita convocatoria enviada hoxe por rotor_galego á lista da MC coruñenta:
Cita: | ola cicloturistas
despois de santiago, lugo, madrid....
xa estamos preparados para a primeira volta cicloturista integral
coruña malpica coruña
ida e volta en bici
non esta relacionado con ninguna masa critica, e cicloturismo puro, ciclolúdismo e cicloculinario
xa estamos preparados para a primeira volta cicloturista integral
temos un polideportivo municipal en malpica para pasar a noite do 19 o 20 de xuño
saimos da coruña, celebramos unha cea salvaxe con cánticos e logo un torneo de futbolin, por facer algo distinto.
o dia seguinte volta
En Malpica hai unha tradición relacionada cunha praga de serpes e unha serpe xigante que tiña asolagada a toda a pobración de Bergantiños. Pero, coma pasa en toda historia que ten malos, apareceu un heroe que foi quen de salvar a poboación matando a todalas serpes e ,finalmente, afogando tamén a xigante que queria fuxir polo mar as salvaxes Sisargas. Este heroe chamabase Hadrian. Foi santificado e é venerado cada ano por estas datas. E miragreiro e ten remedio para as vorrecas (verrugas castelans).
O que non sabe o Santo Hadrian e que unha nova serpe multicolor vai facer tremer Malpica na noite do 19 de xuño de 2010, no seu día.
Nesta edición, en principio e salvo que apareza algún voluntario, non habera coche escoba e cada un tera que levar as suas cousas na suas alforxas ou mochilas postas no portabultos.
coma sempre, saco e esterilla
é importante apuntarse canto antes polo asunto da cena
tamén a xente que quera unha pensión ou hotel a de saber que nesas datas podería ter problemas dada a cantidade de xente que vai o Santo Hadrian
a serpe esta a despertar, poñede as bicis a punto
a ruta será todo pola costa e pisando moi poco asfalto
http://www.bikely.com/maps/bike-path/to-malpica-from-coru-a
http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/19_de_xu%C3%B1o%2C_santo_hadrian._Coru%C3%B1a-Malpica-Coru%C3%B1a |
|
|
Volver arriba |
|
 |
Moncho Vázquez

Rexistrado: 12 Abr 2008 Mensaxes: 295
|
Publicado: Xov Xuñ 10, 2010 12:20 pm Asunto: |
|
|
Actualizo. Info cortesía novamente de rotor_galego pola lista de correo:
Cita: | ORDE DO DÍA PARA OS QUE SAIAN DE CORUÑA:
09:00 Explanada do Estadio Riazor
Antes de coller pista: Sesión de "Estira coa tua bici" a cargo dun especialista engañado para tal fin
12:00 Reagrupamento nas terrazas de Caion
13:00-14:00 Chegada e reagrupamento en Razo pra xantar o que levedes ou querades pillar nos bares da zona ou polo camiño
16:00-19:00 Ruta Razo-Malpica
*****************************************************************************
notas importantes:
1. Temos que levar os nosos bultos e NON CONTAR con coche escoba
2. Tendes que saber que o casco vai ser obligatorio en algunhos tramos e sempre recomendable, BUSCADE CASCO.
3. Traede TAPONS para os oidos, o que ronca ainda non se apuntou pero e posible que acabe por vir.
4. A cea reservarase o dia 16 como límite, a partires de ese dia non se garantiza poder convencer o hosteleiro de que poña un prato máis. Os veganos e vexetarianos que o indiquen no editgrid, na columna de comentarios, para ver que opciónshai.
Buscarase o menú máis barato e xinxelo, con mais hidratos que grasa e máis viño que hidratos. Informaremos o largo da semana.
5. O bus tamén, sobre o 16 ou 17 de xuño teremos que concretar. Un bus Travidi de 50 prazas sae por 180 euros. Pagarasé no momento. Poderase decidir a hora de volta e traer as bicis sen problema. O día 16, os que esten apuntados o bus decidiran se se contrata ou non.
6. Os que volvan en bici poñeranse de acordo, se queren, para o retorno do domingo. Xa sabendo a ruta e máis ou menos o esforzo que supon, poderáse calcular mellor o tempo de viaxe. Os dias son largos, da tempo para todo.
7. Traede para ir picando polo camiño (platanos, chocolate, frutos secos, auga) e así evitar posibles paxaras e dores musculares que pasen factura na berbena
avisade a todo o mundo
seguiremos informando
apuntadevos aquí: http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/19_de_xu%C3%B1o%2C_santo_hadrian._Coru%C3%B1a-Malpica-Coru%C3%B1a
e lembrade a maxima de pakinho, un dos nosos bardos: "pedal de dia, pedal de noite"
enlace de interes :http://www.granabike.com/consejos/estiramientos.html |
|
|
Volver arriba |
|
 |
danDDv77 Convidado
|
Publicado: Mar Xuñ 15, 2010 10:06 am Asunto: |
|
|
Se alguén está entre fusto e lusco para engadirse ou non, e se non lle motivan o suficiente as (boas) rutas de RotorGalego, e como non vai haber coche escoba, e aunque aínda queda algunha pinga no ar do que se fará nestes días ...pois eu vou leva-lo carriño, e vouno levar case no aire de descargado; así que se unha ou duas persoas están en dúbidas, que non sexa pola equipaxe. (e penso que sei o que digo cando me ofrezo a leva-la equipaxe). Así que apúntense en público.
Por outra banda, 40 ou 60 km os fai CALQUERA, máis a ritmo suave (calquera que non pase os seus días nunha cadeira). Penso que namáis alguén que colla a bici 1 vez cada dúas semanas para 20km xa vai ben para esquecerse de malas sensacións ou sobreesforzos. |
|
Volver arriba |
|
 |
pshyonm Convidado
|
Publicado: Mar Xuñ 15, 2010 4:16 pm Asunto: |
|
|
Perdona la vagancia pero no me he leído el tema completo... ¿me resumes algo?
Qué día es?
De dónde y a qué hora se sale?
Se acampa fuera o se regresa en el día? |
|
Volver arriba |
|
 |
Rabasa Derbi Convidado
|
Publicado: Lun Xuñ 21, 2010 4:27 pm Asunto: |
|
|
Percorrido do día 20:
En azul: Porto de Santa Cruz-Baldaio.
En Vermello: (Malpica de Bergantiños-)Baldaio-A Coruña.
En verde: A Coruña-Porto de Santa Cruz.
(Premer na imaxe para ampliar). |
|
Volver arriba |
|
 |
danDDv77 Convidado
|
Publicado: Xov Xuñ 24, 2010 5:24 am Asunto: |
|
|
editado por demanda do interesado; escribiu: |
Ola,
fai o favor de editar ou eliminar esa mensaxe no foro. É dunha actividade que non ten carácter activista e ademáis a foto é ultrapersonalísima. Un mínimo de privacidade por favor.
Se non o fas terei que escribir a xanduro ou a marcial, pero esa foto non é apropiada.
Abrazos, cacho energúmeno. |
A foto (espertando dunha sesta na praia) levaba sobreimpresa ''Estou polo chan... non entendo como un día me erguín, e xa era moderador deste foro. Pero aínda entendo menos como a xente o pasa tan ben no que se organiza, e logo non partilla sequera nin unhas fotos. Abandono, abandono, abandono... '' |
|
Volver arriba |
|
 |
bruji8688

Rexistrado: 17 Out 2007 Mensaxes: 1735 Ubicación: A Coruña
|
Publicado: Ven Xul 02, 2010 4:06 pm Asunto: |
|
|
Fotos de Roberto:


  

[img][/img] _________________ "Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke |
|
Volver arriba |
|
 |
Rabasa Derbi Convidado
|
Publicado: Xov Xul 08, 2010 10:30 pm Asunto: |
|
|
 |
|
Volver arriba |
|
 |
|
|
Podes publicar novos temas neste foro Non podes responder a temas neste foro Non podes editar as túas mensaxes neste foro Non podes borrar as túas mensaxes neste foro Non podes votar en enquisas neste foro
|
|