Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Consello Europeo de Transporte na Coruña 12 feb (ven) 15:00h
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4, 5  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Noticias e Información
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Lun Xan 18, 2010 11:14 am    Asunto: Desde Lugo, APOIAMOS a mobilización Responder citando

Moi boas compañiros/as,

Parécenos unha moi boa idea aproveitar as xuntanzas do Consello de Ministros de Transportes da UE na Coruña‏, para mostrar o noso rexeitamento cara as políticas de mobilidade que están a desenvolver a oligarquía política europea. Neste senso, infórmovos que a RA! (Rede Anticapitalista Galega, http://redeanticapitalista.org/blog/), da cal formo parte a través dunha asociación, pretende desenvolver un programa de accións en todas as cidades galegas, co cal podería ser interesante inserir esta (aínda que non estea baixo ningún tipo de sigla) co fin de espallala o máis posible entre os activistas galegos.

Con respecto ao sistema de son, coido que non haberá problema para que a Cova da Terra nos preste o altofalante, así que en principio contade con el, pero esperade á confirmación da Cova para estarmos seguros.

En canto á planificación loxística do evento, coido que sería interesante repartir funcións para non saturar aos maseir@s da Coruña, polo tanto, desde Lugo, ofrecémonos para imprimir pasquíns, contribuír na redacción do manifesto ou nas súas modificacións, deseñar algún cartaz... ou o que precisedes.

Estamos en contacto a través do foro ou do correo: masacriticalugoArRoBagmail.com

BICOS A TOD@S E FORZA SOBRE RODAS!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
SantiMoronho



Rexistrado: 19 Xan 2010
Mensaxes: 6
Ubicación: Compostela, Galiza

MensaxePublicado: Mar Xan 19, 2010 1:22 pm    Asunto: Responder citando

Avante a toda, coa mobilización para s xornadas europeas. Desde Compostela, o noso apoio e no que poidamos dar cheda contade connosco. Habémolo falar nos nosos foros e na masa da vindeira semana.

A min paréceme moi acaído o das 12 horas. E con moi boas lembranzas aínda dos raps de El Cos, na Criticona de Madrid (Saúdos El Cos!) non estaría mal encaixar algo de rap ciclista nalgunha das argalladas que montemos.

Saúdos!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Mar Xan 19, 2010 3:17 pm    Asunto: Responder citando

Mirar a qué fechas estaos y aún no tenemos nada "montado" nos va a pillar el toro, como siempre...
Yo creo que hace falta concretarlo ya y darle bombo y platillo, anunciarlo y poner muuuuuchos carteles por toda la ciudad.
Que se vea, que se sepa, que se oiga...
Volver arriba
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Mar Xan 19, 2010 4:32 pm    Asunto: resposta ao cumio de transporte Responder citando

Ola,
Penso que tamén sería bo a nivel divulgativo elaborar un documento tipo manifesto que faga un resumo do que se pide para a mobilidade sustentábel
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Mer Xan 20, 2010 12:22 pm    Asunto: Responder citando

Tom Kucharz de "Ecoloxistas en Acción" ofrecen a súa axuda loxística (materiais, pasquíns...) ou preparar unha charla sobre a U.E., Tratado de Lisboa, Axentda de Lisboa de Competitividade e Crecemento 2020, políticas europeas sobre o medio, etc.etc.

Coido que deberíamos aproveitar este novo apoio, co que contactamos a traves da RA! (Rede Anticapitalista), que como vos comentei na mensaxe anterior, pode ser dunha gran axuda para a difusión de actividades e de apoio loxístico.

En definitiva:

- Que vos parece se cotacto con Tom para preparar unha actividade/charla, que día vos parece máis axeitado?

- Parécevos interesante o feito de contar coa RA! para que croe alto e poidamos difundir o evento o máis posíbel?

Coido que ambas as dúas opcións son moi interesantes, así que comentade que vos parece.

Déixovos a mensaxe de Tom, para que vexades a súa implicación nestes actos.

BICOS



Querido Santiago y Xan,

Hemos recibido la información que van a preparar algo frente a la Cumbre de los Ministros de Transporte de la UE en A Coruña, y nos alegra mucho.

Como Ecologistas en Acción estamos en las dos paraguas: la Red
Birregional Europa, America Latina y Caribe « Enlazando Alternativas »
(http://www.enlazandoalternativas.org/spip.php?rubrique52) y la campaña territorial “Contra la Europa del capital y la guerra, y sus crisis. Por la solidaridad entre ellos pueblos”, quienes junto a otras redes, nos
movilizamos a lo largo del semestre de la Presidencia española de la UE
convocando diversos encuentros y acciones para analizar a la UE,
denunciar la injusticia estructural que encierra y crear alternativas.

Hemos enviado vuestra información a la lista estatal de coordinación de
la campaña territorial “Contra la Europa del capital y la guerra, y sus
crisis.


Por otra parte queríamos ofrecerles nuestra colaboración (materiales y/o preparar una charla sobre la UE, Tratado de Lisboa, Agenda de Lisboa de Competitividad y Crecimiento 2020, políticas europeas de medio ambiente, redes transeuropeas, etc.) por si les podemos ser de ayuda para la movilización en febrero.



Un abrazo fuerte,

Tom Kucharz

--
Ecologistas en Acción
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Mer Xan 20, 2010 4:57 pm    Asunto: Responder citando

Moitas gracias á xente de Lugo e Compostela por contactar tan rápido e tan enérxicamente! Very Happy

O do manifesto que propón xanduro xa ía na acta, de todas formas isto é unha contracimeira así que imschallah circulen miles de manifestos e textos variopintos. En canto ás propostas de inserirse na Ra! e a charla de Ecologistas en acción, eu creo que non son viables exactamente como están formuladas, pero parécenme reciclables.

Non teño moito tempo para explicarme ben, pero o que non entendo é o de "inserir" a/s convocatoria/s na axenda de mobilizacións da Ra!, paréceme que non cabe, que non as pode subsumir a Ra! nin ningunha outra organización (por extensa e aberta que poida ser a súa rede).

En parte porque ao celebrarse a cimeira aquí seguramente a todo o mundo lle parecerá o máis sensato, i en parte porque só fomos participando nos debates xente (pouca) da Coruña, chegamos a esta situación de chamado pola nosa parte ao resto de maseirxs galegxs. Pero este fío está aberto desde setembro do ano pasado nun espacio do foro que non é o específico da nosa cidade e poderían terse feito as cousas doutra maneira, ben distinta. De igual modo, a decisión de buscar unha alianza cos colectivos de afectadxs polo AVE para impulsar unha mobilización máis ampla (entendo que lanzada ao conxunto da sociedade) podería ter sido outra, pero como na nosa zona quen está nas rúas loitando en torno á mobilidade son elxs e nós, xs cicloactivistas ou como o queirades chamar, vimos que ese era un camiño óptimo. Pero todo isto non nos leva a ser a cabeza coordinadora de todo o que se mova ante a cimeira.

Se desde a Ra! se queren mobilizar paréceme que o poden facer como un colectivo ou unha persoa calquera máis (mesmo ao marxe do que fagamos as persoas que nos fomos coordinando ata agora; de manera totalmente descentralizada). E co da charla e materiais de EeA creo que pasa algo semellante; están organizando unhas charlas na Casa das Atochas ás que persoalmente me ofrecín para botar unha man, se queredes fágolles chegar esa proposta de EeA ou outras na próxima asemblea do centro social, pero tamén poderiades levala a cabo doutra maneira e mesmo tamén noutras cidades aproveitando para comunicarvos e facer circular información a nivel local.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xan 21, 2010 11:00 am    Asunto: Responder citando

confirmo apoio total na organización das xornadas
no relativo o permiso, vale, solicito como nas 12 horas unha mesa informativa
e como nas 12 horas dirán que non, que non é posible


o outro dia, uns políticos municipaios preguntaronme si a masa tiña pensado montar algo, nas suas facianas veiase certa inquedanza, estan preocupados, queren que saia ben o evento e poder presumir de cumio

esta vez non vai ser como as doce horas, van estar mais enriba de nos
temos que contar con esto á hora de fixar estratexias
eu ofrezome a realizar a impresión de flags, que teño impresora nova


radiografia da cidade feita por busquets para o pxom:


Síntese, Diagnóstico e Estratexia Xeral a seguir de cara ao futuro.

Transporte público

Síntese:
No termo municipal da Coruña o transporte rodado privado, é predominante. Principalmente pola falta dunha estrutura clara de transporte público, coa excepción do autobús.

Diagnóstico:
Predominio da mobilidade privada. Falta de transporte público ou infraestruturas infrautilizadas.

Estratexia Xeral:
Mellorar os sistemas alternativos de transporte que permitan reducir o uso do vehículo privado. Proponse que as solucións relaciónense coas estratexias da infraestrutura viaria para ofrecer solucións construtivas unitarias e sen necesidade de expropiacións.
Proposta de mellora dos itinerarios para peóns e bicicletas.

Ferrocarril

Síntese:
Transformación da infraestrutura ferroviaria para acoller a liña de Alta Velocidade.
Algunhas instalacións e liñas de ferrocarril quedarán sen uso a consecuencia do traslado de actividades do porto cara ao novo porto exterior.

Diagnóstico:
Hai que adaptar a estación de ferrocarril de San Cristóbal.
Desaparición da estación de mercancías de San Diego. Parte das vías quedarán en desuso.

Estratexia Xeral:
Transformación da actual estación de San Cristóbal en estación intermodal para mellorar a eficacia do intercambio entre os diferentes medios de transporte - AVE, tren, autobús urbano e interurbano, tranvía, taxi, transporte privado, peóns e bicicletas-.
Adaptación da achaiadura para incorporar as infraestruturas previstas necesarias para o AVE. Reutilización das vías de tren que queden en desuso para implantar un tranvía ou metro lixeiro. Recuperación para uso urbano dos chans que queden libres.

Autobús

Síntese:
A rede actual de autobuses componse por 21 rutas de transporte urbano, clasificables en 4 tipos segundo a súa implantación (en rolda, radiais de centro, radiais de periferia e circunvalación). Permiten chegar á maior parte do municipio, así como a zonas de certa
importancia.
Estas liñas están reforzadas por 8 liñas de autobús interurbano, 5 delas tomando como punto de partida A Coruña e atopándose coas outras 3 máis aló do termo municipal.

Diagnóstico:
Actualmente as liñas locais mantéñense preferentemente dentro da “mancha” edificada, manténdose paralelas a zonas de interese se chegar a penetrar nelas.
Proposta de extensión da rede actual aos novos sectores de desenvolvemento
e a 3ª rolda.
O intercambio entre os diferentes sistemas de transporte é difícil.

Estratexia Xeral:
Mellora da funcionalidade da rede de autobuses reservando nalgunhas vías carrís segregados.
Proposta de traslado da estación actual de autobuses a San Cristóbal -integrándoa na estación intermodal- e recuperación de parte dos chans para uso cívico.

Tranvía

Síntese:
O sistema actual de tranvía limítase a un percorrido litoral de uso estacional e turístico.

Diagnóstico:
O tranvía resulta infrautilizado.

Estratexia Xeral:
Reutilización das vías de tren que queden en desuso para implantar un sistema de tranvía ou metro lixeiro. Optimización do uso das infraestruturas actuais do tranvía integrándoo no circuíto de uso diario. Propostas de trazados alternativos en función dos barrios que conecta, da conexión coa estación intermodal, da posibilidade de reutilizar infraestruturas de ferrocarril e dalgúns túneles que quedarán liberados do tráfico de mercancías. Posibilidade de estender o tranvía ata o polígono da Grela e/ou o do POCOMACO aproveitando as vías de mercancías existentes.

Bici

Síntese:
O carril bici actual está conformado por un trazado descontinuo de uso lúdico.

Diagnóstico:
A falta de percorridos funcionais provoca a infrautilización deste sistema de transporte.

Estratexia Xeral:
Configuración dun circuíto de bicicletas de longo percorrido polo bordo de auga a partir da conexión dos tramos existentes. Configuración dunha malla interior de itinerarios para bicicletas a partir dos tramos existentes, doutros novos e do establecemento de zonas 30 - de uso compartido co coche, pero con prioridade da bicicleta e velocidade limitada a 30 Km./*h-. Extensión do circuíto do bordo da auga ata a conexión co do concello veciño de Culleredo.

Peóns

Síntese:
En xeral o espazo do peón é escaso e pouco cualificado.
Discontinuidade nos percorridos, especialmente ao redor das principais infraestruturas viarias.

Diagnóstico:
Dificultade dos percorridos de peóns.

Estratexia Xeral:
Proposta de configuración dunha rede interior de percorridos verdes, de uso preferente do peón e do transporte público. Ampliar e cualificar o espazo do peón.
Mellorar as conexións entre percorridos e o paso das infraestruturas

Fonte: Avance PXOM A Coruña
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Xov Xan 21, 2010 12:35 pm    Asunto: Responder citando

Fantástico Rotor!!!

como tes máis experiencia igual está de máis o que vou a comentar, pero penso que poderiamos pedilo e, se a subdelegación nos nega o quiosco, podemos acudir ao TSXG como no caso da Cumbre Informal de Ministros de Energía y Medio Ambiente en Andalucía:

Cita:
La celebración de la protesta, prohibida por Delegación de Gobierno el día anterior, estuvo en suspense hasta horas antes del evento, cuando fue autorizada por el Tribunal Superior de Justicia de Andalucía [1] tras un recurso interpuesto por la Asociación Andaluza de Juristas para la Defensa de los Derechos Humanos Individuales y Colectivos -Grupo 17 de Marzo.

Fonte: http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article16388


Segundo teño entendido é ilegal denegar estas solicitudes se a actividade non supón perigo para a orde pública, terían que presentar indicios fundados.

Conta conmigo se queres axuda, ou simplemente estar seguro do que vas a pedir, aínda que creo que na acta se recolle máis ou menos ben. É o quiosco vermello que hai frente ao Obelisco, en canto ao do espacio para o bici-polo non teño claro que nos conveña poñelo na solicitude.

De todas formas é certo o de que van a estar a encimarnos todo canto poidan e que temos que estar preparadxs para iso.

Compañeirxs de Lugo, se Tom de EeA quere participar nas xornadas da Casa das Atochas sería preciso concretar un pouco a proposta. Ocórreseme que unha cuestión importante é a de se habería ou non que afrontar o coste do seu desprazamento. Supoño que tanto vós como Tom tedes experiencia nisto, facede chegar todo o que consideredes relevante (a poder ser antes da tarde do luns porfa).
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Xan 22, 2010 1:54 pm    Asunto: Responder citando

os permisos dos que falo eu son para o concello (instalación de mesa informativa) e estos si que os poden denegar alegando multiples cousas ecausas, e así vai ser

Na delegacion do gobernos teriamos que ir a pedir dereito de concentración ou manifestación, e eu aqui non teño nin idea pero algunha vez tera que ser a primeira

non sei si estamos a tempo pero se non solicitamos dereito de reunion non imos poder facer moito un dia onde van entrar centos de antidisturbios de fora de cidade e moita policia local
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Sab Xan 23, 2010 11:10 am    Asunto: Responder citando

Novidades:

Acabo de revisar a web de presidencia e parece que cancelaron a xornada de Consello do sábado. Haberá que permanecer atentxs.

A xente de Salva o Tren xa facía onte unha nova acción ante a presencia de Pepe Blanco en Ourense. Parece que non sae nada nos medios.

Recibín un correo da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña interesándose por participar. Quedei de avisarlles de calquera asemblea, quedada para curre, etc.

Rotor i eu xa estamos en contacto para o das posibles comunicacións ao concello e a subdelegación. Claro que con esta opacidade na axenda do Consello...

Marcos estase encargando de mirar o das pancartas; presuposto das teas e as pinturas, se alguén ten algunha proposta ao respecto que avise.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Rubén (Cos)



Rexistrado: 19 Xan 2008
Mensaxes: 91
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Sab Xan 23, 2010 10:46 pm    Asunto: Responder citando

Por mi parte intentaré estar en la rodada permanente del sábado 13.

Y no me importaría, si lo veis conveniente, cantar la canción de MC son iniciales, incluso con el equipo de sonido de los de Lugo si es posible.

A veces me acuerdo de cuando, hace ya tiempo, se había propuesto hacer un "festival Mazo Crítico", o de la Masa Crítica Gallega en Lugo, que se contaba con varias actuaciones. Y me parece un poco una pena no poder coordinar a los artistas que tenemos en Masa Crítica y hacer algo divertido para llamar la atención, y que fomente la unión del grupo. Está claro que lo importante debería ser el fondo y no la forma (porque esto de las actuaciones en realidad nada tiene que ver con andar en bici), pero bueno, no sé, siempre podría venirnos bien para atraer a más gente y llamar la atención.

Como además tampoco soy partidario de decir que vamos a hacer 1000 cosas y luego hacer sólo 100, ¿cómo se podría coordinar, entre otras tantas cosas quizá más importantes, la parte de las actuaciones temáticas?, ¿valdría la pena pensar en una hora para cada actuación, o eso se improvisa allí? (no sé si podrían constituir un gran reclamo o no, la mía tanto como gran reclamo no sería, jajaja).

Siento haberme desviado del tema principal de la conversación.

¡Saludos! (específicamente para Santi de Compostela, que también él me saludó más arriba, pa que veáis que leo todos los comentarios ,jajaja).
_________________
http://www.myspace.com/masacriticacorunha
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Xov Xan 28, 2010 11:50 am    Asunto: Responder citando

Pégovos abaixo un correo que veño de enviar aos enderezos de interesadxs dos que dispoñía.

Como vedes, queda confirmado un cinefórum sobre cicloactivismo nas xornadas da Casa das Atochas. A presentación/introducción vai pola nosa conta, quen se apunta a preparala? quen a executala? Eu non teño problema co primeiro pero o de falar en público... Embarassed

Cita:
Ola,

escríbovos de novo a diferentes colectivos e persoas que contactamos ou tentamos contactar nas últimas semanas de cara ás mobilizacións ante o Consello de Ministros de Transportes da UE que se celebrará na Coruña os días 12 e 13 de febreiro.

A proposta de Salva o Tren desde Vigo, consensuada con varixs activistas locais, convocamos unha asemblea aberta para o próximo sábado 30 de xaneiro ás 17:00h na Casa das Atochas (r/atocha alta nº14, A Coruña | http://www.casadasatochas.info/). Agradécese a difusión desta convocatoria por parte de cada unha de vós.

Recórdovos ademais que na Casa das Atochas se están a organizar unhas xornadas temáticas a celebrar nas datas previas ao Consello, para as que se precisa confirmar a presencia de colectivos na mesa redonda do día 11. Deixovos un bosquexo do programa provisional das xornadas:

martes 9
20:30h Cinefórum sobre cicloactivismo
coa proxección de We are traffic
de Ted White

mércores 10
20:30h Palestra:
Unha visión crítica do TAV
por Valdés

xoves 11
20:30h Mesa redonda
co conxunto das loitas galegas contra o AVE

Está pendente de confirmación unha proposta que plantexaran activistas de Lugo para unha palestra de Tom Kucharz de Ecoloxistas en Acción. Esta, e outras propostas novas, sería ideal confirmalas canto antes.

Abrazos
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Xov Xan 28, 2010 12:12 pm    Asunto: permisos Responder citando

ao respecto da solicitude de permisos á delegacion de goberno, neste caso sería na subdelegacion de goberno de A Coruña:

Hoxe xa non se solicitan permisos, senón que se informa da celebracion de determinado acto, hora, día, percorrido se o hai e motivo solicitando que se tomen as medidas oportunas para o bo desenvolvemento do mesmo.
En teoría hai que presentalo con 15 días de antelación por rexistro ou mesmo por fax, pero dende Verdegaia temolos presentandos con 5 días e sen problema.

A subdelegacion de goberno encárgase de pasarlle o recado ao concello.

podo enviar a quen queira unha copia de solicitudes que temos feito.
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mar Feb 02, 2010 10:16 am    Asunto: prioridades del Consejo Responder citando

Pepe Blanco comparece para anunciar las prioridades/objetivos del Consello de Transportes de primavera:
http://www.psoe.es/ambito/saladeprensa/news/index.do?id=432653&action=View
''...énfasis en lo que respecta al transporte urbano y metropolitano. No en vano, es en ese entorno donde se produce la mayor concentración de los efectos negativos del transporte, en forma especialmente de congestión, contaminación y ruido.''


Además,
''Losada desveló ayer que los días 2 y 3 de mayo se celebrará (también en A Coruña) una reunión previa preparatoria del relativo a la Pesca, que tendrá lugar unos días más tarde en Vigo. ... cada una traerá a unas 500 personas a la ciudad.''
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=5&idNoticia=509799
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Feb 02, 2010 11:28 am    Asunto: Responder citando

ben, algo desto xa pasou anos antes, parece que teñen a boa costume de viaxar por toda auropa, informalmente claro, e invertir os cartos dos contribuintes falando do que hai que facer
supoño que logo iran comer algún sitio, e seguiran falando e falando

en francia o pasaron moi ben


http://www.eu2008.fr/PFUE/lang/es/accueil/PFUE-09_2008/PFUE-02.09.2008/reunion_informelle_des_ministres_des_transports.html


xa quedaran unha vez en xixon para falar doutro tema moi interesante

http://aecoc.es/web/logistica.nsf/c26e324ee59af673c12568c500468a18/add9c5fd20d599afc1256cb60042076d/$FILE/Transporte%20Maritimo%20de%20Corta%20Distancia.pdf

‘El futuro del transporte europeo consiste en que funcionen las cadenas intermodales’ Francisco Álvarez-Cascos
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Noticias e Información Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4, 5  Seguinte
Páxina 3 de 5

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala