Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

III MASA GALEGA
Ir á páxina 1, 2, 3  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xul 23, 2009 12:27 pm    Asunto: III MASA GALEGA Responder citando

DÍA 19 DE SETEMBRO DE 2009. LUGO.

- 11.00h: CITA NA PRAZA MAIOR (DIANTE DO CONCELLO).
- 12.30h: TALLERES. (NA GASOLINEIRA DO MIÑO).

Participan na organización disto:

A NIVEL XERAL:

Carteles: Fran Bat, Laura e Raquel.
Caballetes: Oscar.
Música: Fran intentará xestionala.
Transportes: Nacho.
Bebida: Pablo.
Camisetas e pegatas: Nacho (pero para as pegatas fan falla socios capitalistas dispostos a investir; o investimento das camis asúmeo Nacho).

Os TALLERES serán os seguintes:

1) BICISTORIAS. Ide buscando algo que contar.
2) REPARACIÓN. Santi ou Miguel tentarán contactar co taller mecánico da M.C. Coruña (a ver se poden impartir unhas aulas aquí).
3) TUNEADO: Fran Bat recollerá material de reciclaxe e Laura e Raquel encargaranse da compra de material para a decoración.
4) ACROBACIAS: calquera que vexa aos nosos amigos que os avise e tente comprometelos.

Ademais haberá unha MESA INFORMATIVA que se ocupe de difundir o ideario da Masa Crítica.(Encárgase Santi da redacción dos pasquíns)

- Aí polas 13.00h procederemos á VENTA DE CAMISETAS, PEGATINAS E BEBIDAS (e tamén pinchos de empanada).

- 14.00h: XANTAR COLECTIVO
(Ben na Gasolineira se chove, ben no parque do Miño se fai bon). Correrá por conta de cada quen.

- 17.00h: SAÍDA DA MASA CRÍTICA GALEGA DENDE A PRAZA MAIOR.

Cómpre non esquecer que o roteiro debe ser unha alegre BICIFESTA! Para iso contaremos con:

1) TRICICLO MUSICAL: cada persoa da Masa Luguesa deberá achegarlle a Santi unha canción e unha consigna para que el faga un recopilatorio con todas (pero non esquezades que debemos escoller temas festeiros que alegren a todo o mundo, non unha preciosa canción que nos encante). Podedes pasarvas a el ou achegarllas por mail ao enderezo da masa crítica de LU: masacriticalugo@gmail.com

2) GLOBOS DE GAS: Fran Bat encargarase de conseguilos (pero supoño que se alguén sabe como e onde, el recibiría axuda encantao).

3) PATÍNS: tentaremos que Charlie traia dunha vez aos seus amigos do equipo de Hockei a patíns.

4) DISFRACES E AMBIENTACIÓN: polo menos a Masa de LU deberá facer un esforzo para presentarnos cheos de cores e alegría.

- 20.00h: FESTA NO MÁDIALEVA.

Se fai bon faremos a festa na Rúa Amor Meilán, na porta do Mádia, pero se fai malo meterémonos dentro. Nacho encargarase de xestionar a cesión do uso do local.

Actuarán: El Cos, CLAN MARAGATO (aínda por confirmar: cousa que deberá xestionar Santi), e calquera outro grupete ou charanga que non precise de equipamento especial nin amplificación (a ver se entre todos conseguimos animar a algún outro grupo de cantareiras, gaiteiros, percusión etc).

ALOXAMENTO DOS VISITANTES.

Para isto deberedes achegarlle a Raquel (quelag@hotmail.com) o número de visitantes que poderedes aloxar nas vosas casas. Ela encargarase de distribuir á xente convintemente.

DIFUSIÓN E CONTACTOS.

Para iso usaremos o blog, así que isto quedará básicamente baixo a responsabilidade de Santi. Esperamos abrir en el a posibilidade de que os visitantes poidan ir notificando a súa participación e se teñen pensado quedarse a durmir en LU.

Ademáis deberemos tentar implicar aos diferentes centros sociais e culturais da cidade, así como asociacións etc para que se sumen e participen.

Co diñeiro recadado xa, tentaremos sacar algúns pósters en setembro para dar difusión ao encontro na nosa cidade (lembrade que moitos achegamos xa 10 euros para iniciar a organización; e que os que non o fixéchedes e queirades-poidades facelo, podedes dirixirvos a Laura: laurita_ita18@hotmail.com).

En último termo destacar que:

- Se alguén descubre algún erro ou problema do tipo que sexa que non tarde en avisar. Así como, por suposto, calquera suxerencia para melloralo.

- Que os que teñan poucas ou ningunha atribución e queiran implicarse máis, que acheguen a súa axuda como estimen máis oportuno.

Veña, bo verán a todas e todos.

MOITO ÁNIMO!
FESTA SI, BICI TAMÉN!!!

_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xul 23, 2009 12:48 pm    Asunto: Responder citando

Ben, pois temos que ir traballando na difusión de este evento para que non quede ningún ciclousuario galego sen informar

dende Coruña imos organizar, un ano máis, o viaxe cara a III masa galega

seria moi interesante formar un grupo de traballo orientado a:

elixir a ruta :
pensar a hora de saida, o medio, as paradas, coche escoba

falar con Renfe ou aluguer bus:
dada a distancia, Jesus (o chamán das rutas) falou da posibilidade de facer unha ruta intermodal, collendo un tren que faga posible acercarnos

* dependendo da xente, aluguer furgo escoba e ir nos en tren ou bus....


exemplo discutible
baixar en Guitiriz facer a ribeira do Rio Parga e durmir en ....
Rábade (esta a 30 km de Guitiriz) ou en Begonte


aloxamento do venres o sábado (unha vez decidamos onde)
(consiste en chamar os concellos e pedir pabellons)

cea venres a sábado (jejeje)


aloxamento do sábado a domingo (falando cos anfitrions)

información sobre o aluguer dun bus para o domingo

conexión coa xente de ferrol (pensando na volta)
conexión coa xente de santiago
conexión coa xente de lugo (axudar na organización)

crear e anunciar o editgrid para ter canto antes unha lista de asistentes

os que teñades tempo e gañas facedeo saber



vémonos na bici ou nos bares
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
JaSe



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 103
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xul 23, 2009 12:49 pm    Asunto: Responder citando

ME APUNTO A HACER EL CABRA!
_________________
Masa Crítica Coruña
-----------------------------------
1,5 m 1,5 m
<---------> JaSe <--------->
1,5 m 1,5 m

masacriticacoru.blogspot.com
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor MSN Messenger
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Xov Xul 23, 2009 1:48 pm    Asunto: Responder citando

Me apunto, aunque no sé si tendré experiencia en hacer algo... lo que tengo es tiempo!!

A esta espero no faltar... Rolling Eyes Embarassed
Volver arriba
Rubén (Cos)



Rexistrado: 19 Xan 2008
Mensaxes: 91
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Xul 28, 2009 9:45 pm    Asunto: Responder citando

¿Por qué es por la tarde la Masa Crítica?

Bueno, da igual. Yo, salgo desgraciados imprevistos, también me apunto. Seguramente me quede ya en Lugo del día anterior.

Lo de la actuación me parece bien. Si es dentro, y queréis, podría llevar un CD con instrumentales, y hacer una actuación de algo más de media hora o así. Sino, como mínimo, os cantaré la canción de MC son iniciales.

¡Saludos!
_________________
http://www.myspace.com/masacriticacorunha
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Xul 29, 2009 8:40 am    Asunto: Responder citando

estan locos estos romanos
no se, lo decidieron así , pero a nosotros nos viene bien porque nos da tiempo de plantear una ruta mas cómoda para el sábado por la mañana
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Ago 05, 2009 6:14 am    Asunto: Responder citando

Agardo poder ir!! mólame toda a montaxe, sobretodo a posibilidade de que toquen Cos e O Clan Maragato, menuda festa!!! Wink
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Ago 11, 2009 4:57 pm    Asunto: Responder citando

el lunes 18 as las 18 en el número 115 de la calle barcelona
(Recyclos Propolis) celebraremos unha breve reunion para
organizar la ruta a Lugo (III masa critica galega) los dias
18 , 19 y 20 de septiembre, en plena semana europea de la
movilidad.

si quereis colaborar en la organización no falteis, hay
trabajo para todo el mundo

Por otro lado, en Recyclos seguimos recogiendo bicis viejas Rolling Eyes
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Mer Ago 12, 2009 2:23 am    Asunto: Responder citando

Por cierto, la reunión sigue siendo el LUNES, pero es día 17 de Agosto...

rotor galego escribiu:
si quereis colaborar en la organización no falteis, hay trabajo para todo el mundo


Contad conmigo para el reparto de tareas, dispongo de algo de tiempo... como ya he dicho.
Pero no podré ir a la reunión, me la contáis después... Rolling Eyes
Volver arriba
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 20, 2009 7:28 am    Asunto: Responder citando

De Rotor en masacriticacoru@yahoogroups:

ola, na xuntanza do luns (roberto porto, fran, anxo , moncho orzan e manel (tarde e mal) )
falouse da oranización da próxima masa galega que como xa saberedes vaise celebrar na cidade de lugo o 19 de setembro de 2009.

temos as seguintes opcions en mente

1. saida o venres 18 as 16 horas en bus de liña ou en bus contratado o efecto (dependendo da xente apuntada)

2. as bicis irian no furgón escoba

3. baixar do bus en guitiriz e facer a ruta polo rio Parga ata chegar a baamonde
A ruta e moi fermosa e trankila, 16 kilómetros sen costas e a beira nun rio pasando por fontes termais con moita saude

4. Cea copiosa e durmida no concello de Begonte (pra compensar tanta saude)

Maña do sábado 18.... begonte - lugo



Como xa sabedes a xente de lugo esta a traballar no aloxamento na cidade

O domingo pequena ruta circular po lugo ou ruta lineal en dirección coruña ata un punto onde podamos coller buses


como comprenderedes, é importantísimo saber o número de persoas que imos ir para decidir o tipo de bus que imos coller, si particular ou das liñas regulares

para apuntarse imos enviarvos un enlace cun editgrid onde apuntarse e coa información que temos ata o momento



pd. o de volver en barco, o estamos a mirar
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Lun Ago 24, 2009 1:41 pm    Asunto: Responder citando

De la lista de correo...

Xa vos podedes apuntar http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galega

Un saludo.



Por cierto, si hay algo que hacer, avisarme, yo tengo tiempo libre y voluntad.
Volver arriba
Rubén (Cos)



Rexistrado: 19 Xan 2008
Mensaxes: 91
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Lun Ago 24, 2009 5:34 pm    Asunto: Responder citando

Yo es que estoy pensando en quedarme el viernes a dormir en Lugo. Como trabajo allí, y ese propio viernes también. Pues creo que es tontería volver para Coruña, para regresar a Lugo el sábado solo.
_________________
http://www.myspace.com/masacriticacorunha
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mer Set 02, 2009 8:24 pm    Asunto: Responder citando

ola
Como xa sabedes, estamos a traballar na organización da 3 masa galega, estes días imos estar máis pesados co de costume, perdoade de anteman

pequeno resumo

o venres.

saida da coruña entre as 15 e as 16, ruta para dormir en Baamonde ou Rábade, 20 km máximo. A ruta ideal e a do rio Parga, unha fermosura con moitas fontes sulfuroras(osas) cheas de saude para abrir o apetito
cea puta nai e pra cama que mañan (oasa vellosas) as 10 temos que estar na estacion de tren para recibir osas que.....

o sábado

saindo da coruña o sábado, madrugaron e colleron o tren (as 8 na estación) para estar no punto de encontro (Baamonde ou Rabade) as 10 da maña e ir todosas xuntosas a Lugo

sabado sabadete, masa critica en lugo (pola maña actividades e pola tarde masa masa)
osas de lugo teñen preparado festa e xa temos sitio onde durmir todos (pavillon municipal ou dun colexio)

osas que teñades carnet de alberquista podedes ir un albergue no centro de lugo, xa están avisados da invasión, pero terdes que avisar igual polo asunto das bicis e dos horarios

osas que queiran volver o sábado, o poden indicar e así buscariase una volta conxunta (por prezo e por avisar os medios de locomoción publicos)


o domingo

zzz.zz.z.zz. zz....ben, pois o domingo poderiamos volver todoas polo camiño de santiago, para a xantar o que un bus nos veña a recoller

as opcións máis cómodas pasan todas polo tema do aluguer dun bus, pensamos que compensa e de prezo sae moi parecido a coller trenbusida, trenbusvolta e pago alquiler de furgoneta para as bicis venres e domingo

PERO PARA DECIDIR TEMOS QUE SABER O DÍA 15 CANTOSAS SOMOS......
por:
os gastos e os cartos, os encargos e as reservas e por saber de vosas que xa fai que non nos vemos en ruta

confirmado, este ano non hai volta en barco


quedou claro?
abaixo datos económicos recollidos por Fran (aproximativos)
vémonso na bici
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Ven Set 04, 2009 3:43 pm    Asunto: INFORMANDO DESDE LUGO... Responder citando

Ola xente!!!

Desculpade por non ter novas antes dos maseir@s lucenses pero cos preparativos da Masa esquecémonos un pouco do foro.

En primeiro lugar, nesta ligazón podedes obter o cartaz para que difundades todo o que poidades e máis (http://img193.imageshack.us/img193/1917/masacriticagalega.jpg).

En segundo termo, anímovos a que veñades con ideas para os talleres, que o material e os medios xa os poñemos nós. Como sabedes son os seguintes:

1)BICISTORIAS: Calquera historia curiosa que vivírades sobre as dúas rodas.
2)REPARACIÓN: Trátase de compartir dúbidas-coñecementos-ideas para arranxar eficientemente unha bici.
3)TUNEADO: Disporedes de cartulinas, serpentina, CDs para facer matrículas, globos, cores, etc. para que reflictades alegría e bo rollo durante a Masa.
4)ACROBACIAS: Todo aquel que saiba facer cabriolas na bici que ensine as ignorantes coma min nesta arte acrobática sobre rodas.

Tamén quería destacar a capacidade organizativa dos maseir@s coruñeses/as, quedamos flipados ao saber que xa tiñan amañado o Pavillón Infanta Helena! Polo tanto, toda aquela persoa que precise de aloxamento xa sabe que pode dispor do devandito pavillón. Se algúen precisa casa para durmir poñédevos en contacto con: quelag@hotmail.com que non haberá problema para que teñades un aloxamento máis confortable nas nosas casas.

Calquera dúbida, suxestión, problema... sobre a organización facela constar no foro para tentar solucionalo.

BICOS MIL SOBRE RODAS!!!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Ven Set 11, 2009 3:53 pm    Asunto: Responder citando

Yo me apunto a ir con el medio más barato de los posibles...
y no me apunto a comer con los demás porque sé lo que luego pasa, que como yo como raro...
pues no puedo comer del mismo menú!!
Yo soy vegetariano y, una vez más, me tocará llevar mi propia comida, o comer a parte de los demás...
(y la lechuga no me gusta)... Embarassed Very Happy Laughing Laughing Laughing

Pues eso, para ir o para volver yo con la mayoría, o no, pero la opción más barata... Wink
Volver arriba
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina 1, 2, 3  Seguinte
Páxina 1 de 3

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala