Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

ACTA DA XUNTANZA MC. LUGO (Celebrada o 5/03/09)

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Lugo
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Ven Mar 06, 2009 2:45 pm    Asunto: ACTA DA XUNTANZA MC. LUGO (Celebrada o 5/03/09) Responder citando

ACTA DA XUNTANZA MC. LUGO
(Celebrada o 5/03/09)

En primeiro lugar quero darlles a benvida a aqueles ciclousuarios que reciben por primeira vez o correo da MC. Lucense. Esta listaxe de correo electrónico está formada por 250 persoas que asinaron o manifesto ou que están directamente involucradas no movemento. A continuación expoñerei as liñas básicas que van configurar as accións do futuro da MC. Lucense, xa que como ben sabedes isto é máis que “un paseíño en bici”, pretendemos lograr unha expansión deste movemento sobre rodas ao resto da sociedade civil lucense para facer desta cidade un espazo máis humano, saudábel e respectuoso co medio que nos rodea.

Calquera usuario que queira deixar de recibir información debe enviar un correo electrónico a masacriticalugo@gmail.com poñendo no título “baixa listaxe de distribución”.

ACTA

1. Carreira de Medios

Como sabedes este proxecto consiste en facer unha "carreira" de medios de transporte para poder observar cal é o máis eficiente dentro dunha cidade. Para iso faise un percorrido dividido en tres tramos polos que terán que pasar tódolos medios e, ao final, contabilizarase o tempo total, desde a saída ata o punto final do percorrido. Este tipo de experiencia xa se fixo anteriormente en Sevilla (Diario de Sevilla), en Coruña e outras cidades de España. Os medios de transporte utilizados serían: autobús urbano, coche, bicicleta, peón (a pé), motocicleta.

Loxística

Contaremos coa axuda da Escola de Imaxe e Son de Lugo para facer un documental que serva para emprender unha campaña informativa (en institutos, comunidades veciñais, etc.) sobre os medios de transporte máis eficaces, resaltando o papel da bicicleta e a ineficacia do automóbil. Cinco cámaras irán gravando o percorrido de cada medio de transporte. Haberá unha persoa por control, tomando os tempos, e un individuo por cada medio de transporte empregado. Así mesmo, precisamos de tres motos, que xa posuímos, pero, sobre todo a colaboración da xente para organizar este proxecto ao que nos enfrontamos.

Percorrido

Partirase de Frigsa, pasarase pola Praza de Sto. Domingo e o último control atoparase na Escola de Idiomas (Conservatorio de Música). Este itinerario realizarase nas dúas direccións.

Participantes

En principio contamos xa cos seguintes participantes:

Nacho: punto de control.
Eu, Santi Quiroga: punto de control.
Santi vila: en moto.
Adolfo: en bici.
Raquel: punto de control
Miguel: a pé
Fran: en autobús urbano.
Pablo: en coche.

2. Campaña de merchandising

Para a carreira de medios compraremos cinco petos que leven serigrafiado o seguinte texto. “carreira de medios. MC. Lugo”. Aproveitando esta situación realizaremos un deseño de camiseta polo que precisamos saber canta xente a quere. Polo tanto, ide á próxima Masa con cartos para pagar a camiseta se así o decidides.

Así mesmo, tamén se farán adhesivos e cartaces que tamén precisan de financiación, polo que reitero o dos cartos.

3. Masa Crítica Interplanetaria

En principio asistiremos á CRITICONA unhas seis persoas. Celébrase o 2 de maio en Madrid ás 18:00 h. Polo tanto é preciso que o próximo día teñades claro se podedes ir para poder avisar aos compañeir@s madrileñ@s da cantidade de lucenses tol@s que se aventuran a esta masa sobre rodas.

4. Campaña contra o coche

Grazas ás, sempre profundas e ontolóxicas reflexións do compañeiro Nacho, chegamos á firme conclusión de que é preciso pasar da defensa da bicicleta ao ataque ao coche. Para iso, desenvolveremos unha campaña informativa dos custos ambientais, persoais, sociais, económicos, etc. que leva consigo a utilización indiscriminada do automóbil. Elaboraremos un vídeo para difundir pola World Wide Web e, por suposto, a través de todas aquelas plataformas ecoloxistas, movementos alternativos e medios de desinformación (se podemos atraer a súa atención con algún cebo, como algún famosillo lucense).

5. Comisións de traballo

Cremos que cómpre elaborar varias comisións de traballo para organizar o movemento e ser moito máis eficaces á hora de desenvolver calquera tipo de proxecto. Para iso propuxemos varias:

- Difusión: Reparto de cartaces e adhesivos, campañas de divulgación da MC.
- Loxística: Impresións de pasquíns, administración de recursos económicos, deseño de cartaces, logotipo, etc.
- Estratexia: Ideación e planificación de campañas destinadas á promoción da bicicleta como o medio de transporte máis eficiente para usar no entorno urbano.

Enviade o voso nome, apelidos e número de teléfono e apuntade á comisión á que queredes pertencer.

Se nesta sociedade de adoutrinamento e aliñamento constante cremos en algo que racha coas barreiras da lóxica capitalista, temos que loitar por elo. Non basta con dar un “paseíño en bici”, non basta coa crítica sistemática que non pasa da retórica ampulosa, non chega con formar parte dunha Masa, esta debe ser CRÍTICA!


TEMOS QUE PASAR A ACCIÓN!

LOITEMOS POR ESTE PROXECTO QUE CONSTRUÍMOS XUNTOS FAI UN ANO!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Lugo Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala