Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Y si hubiera una SEGUNDA MASA GALEGA??
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  

Que día da semana prefires para a masa galega?
Sábado
76%
 76%  [ 16 ]
Domingo
23%
 23%  [ 5 ]
Votos Totais : 21

Autor Mensaxe
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 28, 2008 12:35 pm    Asunto: Responder citando

os de ferrol teñen masa hoxe e quedaron en chamar para confirmar se son sede ou non

o día máis axeitado seria o sabado 20, se, como cada ano, a semana da mobilidade celebrase do 16 o 22
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
manolo



Rexistrado: 29 Nov 2007
Mensaxes: 22
Ubicación: Ferrol

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 8:33 am    Asunto: Ferrol anímase a organizar a masa galega Responder citando

Onte, despois da masa, (fumos sobre 15) fixemos unha pequena xuntanza para tratar o tema da posibilidade de facer a Masa Crítica Galega en Ferrol. En principio decidimos que estaría ben facela co apoio das outras masas galegas.

O vindeiro mércores fixamos outra xuntanza para pechar as cuestións organizativas se a cousa vai para adiente. Polo de agora imos mirar a posibilidadde de usar o polideportivo universitario para durmir e o recinto para xantar. Tamén faremos unha proposta de cartel e rota maseira.

Tamén se fixeron propostas para realizar algunha actividade lúdica despois da masa.

En canto a datas nos falamos do 27, xa que o 20 coincide co festival do Fervesteiro e algúns de nos estamos implicados na organización, pero todo sería cuestión de falalo.

E nada... Unha aperta e moitos bikos a todo o mundo que facia tempo que non pasaba polo foro...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 9:23 am    Asunto: Responder citando

Oksss. Pois por mín perfecto. Xa sabedes que contades c@s de coruña para calquera necesidade organizativa que teñades. Con referencia á data, o ano pasado fixemos coincidir o tema coa semana da mobilidade supoño que para ter máis presenza nos medios de comunicación que suponse que andan sensibles con estes temas esas datas, e ao final non se conseguiu esa suposta presenza mediática, non creo que haxa moita diferenza de celebrala o 20 ou o 27, especialmente se vos tedes problemas o 20 e tamén considerando que é máis tempo para preparala e promocionala.

Seguimos en contacto, e cando teñades cartel... xa sabedes.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
manolo



Rexistrado: 29 Nov 2007
Mensaxes: 22
Ubicación: Ferrol

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 10:10 am    Asunto: Responder citando

Marcial escribiu:
Seguimos en contacto, e cando teñades cartel... xa sabedes.


Como facemos co cartel? Imprimimos nos e enviamos ás masas ou enviamos o deseño e que cada quen imprima os que necesite?

Question
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 10:12 am    Asunto: Responder citando

por min perfecto
a modo de peche sobre a semana da mobilidade, e así podemos facer un debate sobre o que se fixo en cada cidade

o 27 esta ben
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
trebón



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 105

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 11:02 am    Asunto: Responder citando

Por si interesa a quienes hagan el cartel está a vuestra disposición el dibujo de Josiño y el logo de la masa a tamaño grande, por eso de ir creando una imagen corporativa reconocible:


http://farm4.static.flickr.com/3257/2807572421_61b8853ae9_b.jpg


http://farm4.static.flickr.com/3176/2807572543_601c2e7214_o.jpg
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho do Orzán



Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 158
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 12:05 pm    Asunto: Re: Ferrol anímase a organizar a masa galega Responder citando

manolo escribiu:
En canto a datas nos falamos do 27, xa que o 20 coincide co festival do Fervesteiro e algúns de nos estamos implicados na organización, pero todo sería cuestión de falalo.


Non sei como estarei nesas datas, pensei que podía pero aínda non o sei porque é posible que estea de vacacións. Non obstante, contade comigo pra o que sexa mester.
_________________
Masa Crítica da Coruña


Última edición por Moncho do Orzán o Ven Ago 29, 2008 1:30 pm; editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 12:13 pm    Asunto: Responder citando

Parabéns para a MCFerrol por se decidir a ter alí a MCG Wink
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!


Última edición por Faneca Brava o Mar Set 02, 2008 1:32 am; editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 1:48 pm    Asunto: Responder citando

manolo escribiu:
Como facemos co cartel? Imprimimos nos e enviamos ás masas ou enviamos o deseño e que cada quen imprima os que necesite?


Imprimide os que queirades distribuír pola vosa cidade. Enviade o deseño e cada quen ou cada masa imprimirá os que necesite. A maior parte da difusión será probablemente por correo e web, polo que nós en concreto non necesitaremos máis que imprimir algúns para pegar nos bares e bibliotecas, pero por suposto correrá da nosa conta.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Ven Ago 29, 2008 9:15 pm    Asunto: Responder citando

Boas a tod@s!

Esperemos que esta II MCG sexa un pulo de enerxía que aproveite Ferrol para que o movemento aumente por eses lares.

Coido que sería apropiado que cada Masa mobilizase aos medios de comunicación da súa provincia para obter unha maior presenza nos mesmos. Por outra banda, tamén é importante dispor dos pasquíns o antes posíbel porque, deste xeito, poderémolos repartir "o día da bicicleta" que se celebra durante a semana da mobilidade. Con respecto ao deseño do pasquín, eu son partidario de que cada Masa sexa orixinal e faga o seu debuxo, o da imaxe "corporativa" estaría ben se fósemos unha empresa ou unha ONG pero, como é un movemento descentralizado coido que non é preciso.

Apertas mil!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Lun Set 01, 2008 12:46 pm    Asunto: Responder citando

Vexo que a cousa empeza a moverse, que ben!

En canto á "imaxe corporativa" simplemente pode ser como un logo que permita relacionar a idea de grupo que supón esta unión de masas descentralizadas. Somos independientes, pero en certo modo temos ese desexo de agruparnos puntualmente co obxectivo de promocionar a bicicleta como medio de transporte e facer presión neste sentido (de feito hai actuacións interesantes en referencia a eses obxectivos que sobrepasan o ámbito local, como por exemplo a creación de vías ciclables de comunicación entre poboacións, a bici no tren, ...). De todos modos, tampouco ten maior importancia.

En canto ao cartel e/ou panfleto, correos electrónicos que se envíen, etc. Cada quen, evidentemente, pode facer un propio ou adaptar o que se faga desde outro sitio. Quizais para nós é interesante non duplicar traballos (non estamos sobrados de tempo jeje), polo que se alguén fai carteis ou panfletos (Ferrol, Lugo, etc) seguramente optariamos por utilizar eses mesmos, ou como moito adaptalos se é necesario.

Unha das grandes motivacións desta masa galega (entre moitas outras) é a posibilidade de entrar en contacto persoalmente e poder falar das nosas ideas, experiencias e atopar o xeito de complementar esforzos. Eu boto en falta unha maior comunicación entre nós e polo menos un encontro anual pode paliar en parte esta necesidade.

Seguimos en contacto !!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Lun Set 01, 2008 1:24 pm    Asunto: Responder citando

Para intentar organizarnos en Coruña fixemos unha folla por internet, igual que o ano pasado. @s que sexades doutras masas podedes botarlle un ollo por curiosidade, por se pensades que vos pode axudar ou dar ideas; se alguén quere podo facer unha copia da nosa pestaña de coruña para outra masa.

http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galega

Unha idea interesante podería ser que, para quenes podan, nos xuntáramos en Coruña o venres para ir na ruta en bici tod@s xunt@s. Decirvos, pola nosa experiencia do ano pasado, que non se necesita grande entrenamento para facer a ruta, simplemente un pouco de gañas e enerxía, e que o habitual será que se formen diferentes grupos que confluirán no lugar de durmida (os que van máis rápido e os que van con máis calma), iso non é ningún problema. A experiencia foi inigualable, a ver se nos respecta o tempo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Mar Set 02, 2008 9:29 am    Asunto: Responder citando

Estou dacordo Marcial, eu referíame a que cada edición contase cun cartaz orixinal que o identificase coa zona na que se celebra, sen deixar de perder unha visión de Masa galega. Por exemplo, este ano, sería interesante que o deseño estivese vencellado á localidade de Ferrol, pero non me refería a facer varios tipos de cartaz para o mesmo acontecemento... Con un xa temos de sobra. Como ben dis, é algo que non reviste de gran importancia para celebrar a II Masa.

O mellor e compartir e parolar que para iso imos!

Unha aperta!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
manolo



Rexistrado: 29 Nov 2007
Mensaxes: 22
Ubicación: Ferrol

MensaxePublicado: Mer Set 03, 2008 10:59 pm    Asunto: Cartaz provisional... Responder citando

Aínda non é definitivo...
Está feito reutilizando as imaxes propostas.

Podedes velo en :



[+] info:
http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?t=1087

Manolo
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
trebón



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 105

MensaxePublicado: Xov Set 04, 2008 8:53 am    Asunto: Responder citando

Enorme
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4  Seguinte
Páxina 3 de 4

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala