Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Y si hubiera una SEGUNDA MASA GALEGA??
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4  Seguinte
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  

Que día da semana prefires para a masa galega?
Sábado
76%
 76%  [ 16 ]
Domingo
23%
 23%  [ 5 ]
Votos Totais : 21

Autor Mensaxe
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Xuñ 26, 2008 3:29 pm    Asunto: Responder citando

Pois eu non sei que dicir... Se o persoal máis numeroso é da Coruña... de fóra igual non vén nin dios... e non é plan... sería coma unha Masa mensual... supoño que con máis xente... non sei, dáme igual...
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!


Última edición por Faneca Brava o Lun Xuñ 30, 2008 11:19 pm; editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
trebón



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 105

MensaxePublicado: Ven Xuñ 27, 2008 8:36 am    Asunto: Responder citando

Eu penso que tódalas masas galegas deberían ser en Compostela, non só por ser a capital, se non porque é o que queda máis preto a todos (polo xeral hai desprazamentos cómodos dende todas partes). Se facemos esa masa cada ano nun lugar diferente, o que ocorrerá e que a xente deixará de moverse, na de vigo irán os de vigo e catro máis, a de coruña o mesmo, etc. Creo que é mellor ter un lugar de referencia onde vaimos sempre e sexa cómodo ir. Ese sitio dame que é Santiago.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
soniña



Rexistrado: 23 Out 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Xuñ 27, 2008 9:56 am    Asunto: Responder citando

Ai... non entendo isa manía que nos entra de cando en vez de cambialas cousas cando funcionan ben Crying or Very sad Eu non fun o ano pasado, pero ata onde sei saíu todo de maravilla, entón ¿por qué non repetilo?, ademáis, pensade que este ano contades coa miña sempre maravillosa presencia Very Happy
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Xuñ 27, 2008 10:39 am    Asunto: Responder citando

Xan Duro, que fixo de anfitrion o ano pasado, foi o que xuxeriu a idea de rotar, non estaria ben convocala en compostela se os da masa crítica de alí non queren ou pensan que é mellor rotala

Esto non se chegou a falar o ano pasado, falouse de facer a segunda, pero non de onde se ia facer, se seria rotatoria ou sempre en compostela.
Haberá opinións para todolos gustos.
A min non me importaria rotalo, e penso que cada ano tería que facelo unha cidade dunha provincia distinta
por que? pois porque, ainda que o número de xente vaia fluctuar, é a mellor maneira de acercar o movemento as distintas cidades.
Se se fai en Vigo, certamente, da Coruña e Lugo, iremos poucos, pero Vigo e Ourense pode convocar a moita xente. Pero chegamos a máis cidades e a máis políticos locais.
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Ven Xuñ 27, 2008 12:21 pm    Asunto: Responder citando

Eu sí que escoitei o ano pasado que os de Compostela (non recordo se Xan ou algunha outra persoa) dixeran que a idea era que fose rotatorio, cada ano nunha cidade diferente.

En canto a posibilidade de desprazarse entre cidades algo máis alonxadas, depende de como se organice a cousa. Se hai xente abondo para encher un bus deses con remolque creo que sería bastante factible (aparte de quen use o coche particular). Quizais se dificulta bastante o tema de ir en bici, a menos que se organice un punto de quedada para facer a ruta, p.e. para ir a Coruña que a xente do sur queden en Santiago e desde alí vaian en bici, se é en Ourense a xente do norte podemos quedar tamén en Santiago, Lalín ou Monforte (dependerá da ruta máis agradable e con menos tráfico).

O xeito de decidir... poden ser moitos e ningún perfecto. O feito de ir unha vez por provincia pode estar ben, pero deixa ás cidades de provincias onde hai máis masas con poucas posibilidades de organizala, se na provincia de Coruña hai 3 masas, organizarase antes 3 veces en Ourense que a primeira vez na última cidade que lle toque nesta provincia. Un sorteo sen divisións evitaría isto, sen descartar chegar a un acordo (algo factible fai poucos meses, pero hoxe en día podería levantar subspicacias).
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
mourazique



Rexistrado: 06 Abr 2008
Mensaxes: 45
Ubicación: A coruña

MensaxePublicado: Sab Xuñ 28, 2008 7:50 pm    Asunto: Responder citando

Se Rotor lembra esas palabras e o di Xan Duro, pois é claro que non pode ser en Santiago.
_________________
Chus
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Mer Ago 20, 2008 6:23 pm    Asunto: Responder citando

Desde Lugo, creo que é conveniente a alternancia de cidades á hora de celebrar a II Masa Crítica Galega por varios motivos. O primeiro deles está vencellado á necesidade de proxectar a Masa Crítica como un movemento galego, non compostelán, xa que os medios de comunicación soen reflectir a información dun xeito parcial e simplista que podería ofrecer unha visión distorsionada do alcance que posúe este movemento dentro de Galiza. En segundo lugar, como di Xan Duro, é necesaria a creación dunha rede de núcleos galegos comprometidos co movemento que permitan espallalo e facelo patente en cada cidade. Por outra banda, é moi interesante poder compartir experiencias e observar a situación na que se atopan o resto de ciclousuarios galegos, para termos unha visión próxima das dificultades e reivindicacións dos nosos veciños.

Ao igual que o colega de Ourense, coido que A Coruña podería organizar esta II M.C.G., por posuír unha recoñecida experiencia e unha gran capacidade de organización e mobilización. Non entanto, a pesar de sermos virxes, desde Lugo estamos dispostos a axudar no que sexa, mesmo á organización.

En canto á data de celebración, penso que debería ser un sábado polos motivos expresados anteriormente polos compañeir@s. Podería ser o 20, por poñer un día.

Por último, con respecto á mobilización, desde Lugo tentaremos ir nun furgón ata o emprazamento que finalmente se decida.

Un saúdo a tod@s!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
rotor galego



Rexistrado: 18 Out 2007
Mensaxes: 181
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 21, 2008 8:22 am    Asunto: Responder citando

O caso e que vai a haber masa para todos e en todas as vilas, máis tarde ou máis temprano.
Pero quero deixar a miña opinión con respeto a conveniencia de facelo en cidade onde a masa non este consolidada.
En Ferrol, por poñer un exemplo, levan meses onde a asistencia rolda @s dez ciclousuari@s. Non dan levantado, e en parte, pode ser polo pouco efecto chamada que ten ver 10 bicis, ou menos.
Se unha convocatoria como a de Santiago alcanzou os 200, unha en Ferrol, con, poñamos por caso, 150 ou 100 persoas de toda galicia, seria unha forma de aproveitar para dar a coñecer o movemento na cidade e conquerir máis apoios.

Esta mesma teoria para o resto das vilas que estan a comezar neste movemento, e non son quen de chegar as espectativas que se tiñan o iniciar a organización das masas.

Non sei se despois da masa de Compostela houbo un aumento de maseiros nas convocatorias mensuais, teria que comentalo alguen de Compos, pero non deberiamos de votar a perder esta posibilidade de promoción para chegar a máis xente

A organización é moi sinxela, unha ruta, os carteis (que xa poderian valer os do ano pasado) e a promoción local, a elección dun parque ou area (con persmiso ou sen el) para poder xantar todos, e finalmente un espazo para a celebración dunha asamblea

O resto das masas e organizacións teran que coordinar a ruta e a forma para chegar a onde se celebre...ben, o que todos sabemos, se en bici, se imos en tren, se alugamos unha furgo, un bus....

A xente de Coruña gostarianos moito que fora noutra cidade, pero, como máis tarde ou máis temprano vai caer, se non saen outras opcios, a facemos nos.

Parece que o dia 20S é a data máis apropiada (16-22, semán da mobilidade). Queda menos dun més.

Ferrol, fala.

haberia que poñer data e lugar o luns como moi tarde...digo eu.
Se o foro pode ser lento, haberá que tirar de teléfonos.

vémonos na bici.
_________________
Masa Crítica Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho do Orzán



Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 158
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 21, 2008 10:43 am    Asunto: Responder citando

Concordo coa idea de facela en Ferrol, é un lugar a potenciar e hai xente con ganas de facer cousas.

Pra min o día 20 de setembro é imposíbel. Estarei en Samos, rematando de rodar o documental.
_________________
Masa Crítica da Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 21, 2008 11:56 am    Asunto: Responder citando

Estou de acordo en que sexa en Ferrol. E supoño que a semá da mobilidade é a máis adecuada para a MCGalega...

Moncho, se cabe podes vir... ogallá!
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Moncho do Orzán



Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 158
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 21, 2008 12:40 pm    Asunto: Responder citando

Faneca Brava escribiu:
Moncho, se cabe podes vir... ogallá!


Aisss... faríame moita ilusión poder estar! A ver se voltamos probar o tándem!! Xa me tarda!!! Wink
_________________
Masa Crítica da Coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
SiFerVi
Convidado





MensaxePublicado: Ven Ago 22, 2008 1:15 am    Asunto: Responder citando

Por mi parte está bien lo dicho.
Tanto en fecha como en lugar... Ferrol el día 25 de Septiembre.

Seguir así!! Wink
Volver arriba
Santi_Lugo



Rexistrado: 17 Mar 2008
Mensaxes: 14
Ubicación: Lugo

MensaxePublicado: Dom Ago 24, 2008 11:57 am    Asunto: Ferrol o 20 de setembro. Responder citando

Pola miña parte tamén estou dacordo coa opción de Ferrol o 20 de setembro.

Saúdos!
_________________
Santi Quiroga
-------------------------
MASA CRÍTICA LUGO
-------------------------
O segredo está na Masa!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor MSN Messenger
Cecebre



Rexistrado: 17 Abr 2008
Mensaxes: 175
Ubicación: La Coruña

MensaxePublicado: Lun Ago 25, 2008 4:17 pm    Asunto: Responder citando

¿Y qué opinan los de Ferrol? ¿Alguien se pudo poner en contacto con ellos? Por aquello de no ir a arreglar la casa ajena...
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
minipulga



Rexistrado: 20 Nov 2007
Mensaxes: 9
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Xov Ago 28, 2008 11:01 am    Asunto: Responder citando

Uissss
puxen o meu comentario na masa Ferrol, ou sexa q o repito eiquí.

Xusto pq coruña é a máis activa penso q é importante q apoie ós grupos mais paradiños...... sabemos q se se fai a masa fóra de coruña de eiquí sairá un bo grupo.

Tod@s pasámolo demasiado ben o ano pasado como para deixar pasar este sen participar!!!!, e o grupo foi variadísimo: algúns foron no día en bici do tirón ata stgo (os "profesionáis"), outros metérona no coche o no tren e apareceron alí, outros fomos en dous días cunha noite en ordes de puras risas, e houbonos q fixeron doblete e volveron tmn a pedais.

Se a facemos fora de coruña a pouco q participe stgo, vigo ou algún mais a cidade de acollida vaino notar moito. Sobre todo se son masas pqnas como lugo, ferrol ou ourense (falo sen coñecelas, so pola participación dos seus foros e polos vosos comentarios )

Creo q manter o nome e a data (aproximada) axuda a establecer referentes de cara os próximos anos. E, a verdade, vexo un pouco aburrido facela sempre no mesmo sitio.

Se en stgo saíu de pinga..... p q´ non vai sair ben noutra cidade??
So é votarlle ganas e poñerse a elo.

Sexa onde sexa nós tentaremos ir en bici e disfrutarémola a tope.
Por certo ¿será 27 setembro sábado ou 28 domingo, non? sifervi fala do 25 xoves.
Se se quere ir en bici quizás axude q sea en domingo, para poder facer noite se se quere e evitar grandes madrugóns e rutas contrareloxio no mesmo día do encontro.

Saúdos e grazas a todos polo voso traballo.
Minipulga
coruña
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Galega e actividades conxuntas Todas as horas son GMT + 1 Hora
Ir á páxina Anterior  1, 2, 3, 4  Seguinte
Páxina 2 de 4

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala