Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

A Masa Crítica está morta, longa vida á Masa Crítica!

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Mar Out 29, 2013 3:58 pm    Asunto: A Masa Crítica está morta, longa vida á Masa Crítica! Responder citando

Moi lixeiramente fixen cartaz e convocatoria para o aniversario. Agardo que guste, como quedan poucos días pasei de lanzalo antes aquí como proposta, aínda que sería o correcto.

Cita:
A Masa Crítica está morta, longa vida á Masa Crítica! VIII Aniversario da Masa Crítica da Coruña.



A Masa Crítica está morta. A Masa Crítica da Coruña está morta. Fai pouco máis duns cinco anos na cidade apenas unhas poucas ducias de persoas nos desprazábamos decote en bici, case que nos coñeciamos todas, hoxe somos unha marea crecente e respétasenos bastante máis. Algunhas das xentes que sacaban a bici pouco máis que para «ir á masa» agora fano a diario, e algunhas das que tiveron nas bicicletadas a súa primeira experiencia nos movementos sociais convertéronse en activistas altamente implicadas en diferentes comunidades e loitas sociais, pódese falar dunha verdadeira eficacia existencial, dun movemento capaz de cambiar formas de vida. Os lazos de veciñanza, amizade, colegueo, amor, etc. entre participantes seguen a darse, as iniciativas que foron agromando ao redor da masa conseguiron manterse e seguen funcionando: o taller reCiclos, Mobi-Liza, a Ciclofactoría, etc. A forma de organizarse e actuar da Masa Crítica está hoxe moitísimo máis estendida que fai oito anos. Pero a masa está morta. A bicicletada, o paseo, o evento, está morto, nos últimos meses pouco máis de dez persoas en cada cita. A poética do espazo público recuperado e compartido xa non se dá, canta menos masa peor se pasa, e a tensión creativa entre mes e mes tamén desapareceu deixándoo todo como un xardín abandonado, cheo de recordos alucinantes, iso si.

Ironicamente o aniversario da masa cae este ano no día dos mortos, en que a tradición di que os finados poden volver ao mundo vivo e visitar os lugares que habitaron e as persoas que amaron, quen sabe. Apelamos en todo caso ao potencial da morte para xuntar ao redor dela aos vivos. Vémonos na masa!

VIII Aniversario da Masa Crítica da Coruña.

Venres 1 de novembro, día d@s mort@s, saída ás 20:00h da Praza de María Pita.

Cartaz para descargar: http://velosofia.files.wordpress.com/2013/10/viiianiversariomccorunha.png
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala