Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Semana Global de Acción Contra a Débeda

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
easynote



Rexistrado: 06 Ago 2009
Mensaxes: 63
Ubicación: Castrelos

MensaxePublicado: Mar Out 08, 2013 9:30 pm    Asunto: Semana Global de Acción Contra a Débeda Responder citando

Moi próximamente terá lugar a Semana Global de Acción Contra a Débeda (do 8 ó 15 de outubro), na que a PACD Galiza tiña a intención de participar. Finalmente, éstas son as actividades que se acordaron na Coruña:

1.- Concentración día 12 de outubro (actividade do nodo galego):
Hora: 12.00
Lugar: Campo da Leña - Praza España
Pensamos neste lugar porque o anteriormente proposto parecíanos menos accesible e viable para este tipo de acción (Obelisco). O Campo da Leña está preto de Monte Alto (barrio potente a nivel movemento veciñal) e é lugar de paso habitual para moita xente que, neste caso, en día festivo e a media mañá cadra perfectamente co momento do "vermú"; o cal nos asegura ter certa afluencia de persoas. Pensamos que logo poderíamos comer pola zona e valorar como foi a mañá; e dependendo desto voltar a movernos na zona cara media tarde (improvisando dependendo das forzas).
A idea era a comentada: por unha mesa como punto de referencia e colocar a faixa ao lado; levar os trípticos da PACD e outra información para achegar á xente; facer e levar tarxetas con información visual e directa sobre os recortes, e facendo énfase na relación directa entre o despilfarro en infraestruturas e os recortes, e achegarse á xente para comentar o motivo polo que estamos alí, qué pasa coa débeda en relación aos diferetes recortes que estamos a padecer en todos os ámbitos; e se nos vemos con forzas intentar algunha pequena improvisación de acción de rúa. Tentaremos facer alusión directa tamén ós orzamentos recentemente aprobados na información que se achegue.
O xoves que ven, previo ao día 12, faremos unha última xuntanza para rematar pequenos detalles do día e intentar ter un último contacto cos colectivos antes da concentración.

2.- Proxección - debate o 17 de outubro (actividade grupo Coruña):
Hora: 20.00
Lugar: por concretar.
A idea é presentar a PACD brevemente e proxectar o documental "Debedocracia", contando logo no debate con representantes dos colectivos en loita na educación e na sanidade (contactacións en marcha).

Plataforma para a Auditoría Cidadá da Débeda
auditoriaciudadana.net
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala