Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Masa Crítica de abril, especial reforma do Regulamento?

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Lun Mar 25, 2013 3:12 pm    Asunto: Masa Crítica de abril, especial reforma do Regulamento? Responder citando

Que vos parece se na Masa Crítica de abril, venres 5, aportamos un pouco ao pulso contra as reformas no Regulamento de Circulación tan perxudiciais para o transporte en bicicleta que se veñen anunciando desde fai meses por parte da DGT eo Ministerio do Interior?

Xa existe no foro un fío sobre o borrador enviado pola DGT fai unhas semanas: http://bicis.info/foro/viewtopic.php?t=2113&start=15&postdays=0&postorder=asc&highlight=

Temos a semana santa polo medio, o cal seguramente non axude a organizarnos co tempo e a calma ideais -aínda que persoalmente creo que botarei na cidade, e traballando en temas bicicleteiros, a maioría dos días festivos-, pero penso que estaría moi ben facer algo, por modesto que sexa.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Mar 26, 2013 2:58 pm    Asunto: Responder citando

Me parece bien, ¿qúién más se anima?
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
Antonio



Rexistrado: 04 Feb 2011
Mensaxes: 125
Ubicación: Gaiteira, A Coruña

MensaxePublicado: Mar Mar 26, 2013 4:04 pm    Asunto: Responder citando

De acuerdo
_________________
habiendo bicis ¿porque caminar?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Mer Mar 27, 2013 10:55 pm    Asunto: Responder citando

Está ben.
P.ex. en Murcia, fíxose MC (extraordinaria) cos seguintes lemas [ http://masacriticademurcia.blogspot.com.es/2013/03/jue-21-marzo-masa-critica.html ]
Cita:
NO a la circulación de ciclistas en vías urbanas de un único sentido por la derecha del carril.
NO a la legalización a circular bicicletas por las aceras y zonas peatonales.
NO a la obligatoriedad de circular las bicicletas por los carriles bici y otras vías señaladas a ese efecto.
NO al casco ciclista obligatorio.



_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Lun Abr 01, 2013 4:32 pm    Asunto: Responder citando

Todo o que se me ocorre é unha acción die in, o clásico de tumbarnos coas bicis, e facer algo na DGT para que se enteren de que tamén nesta cidade hai agravio. Parécenvos? Alguén ten outras maquinacións? Podería ter punha proposta de texto de convocatoria mañá e unha de folleto pasado, creo.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Antonio



Rexistrado: 04 Feb 2011
Mensaxes: 125
Ubicación: Gaiteira, A Coruña

MensaxePublicado: Lun Abr 01, 2013 6:25 pm    Asunto: Responder citando

por mi de acuerdo
_________________
habiendo bicis ¿porque caminar?
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Abr 02, 2013 8:07 am    Asunto: Responder citando

Muy bien, esperemos que no llueva...
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Mer Abr 03, 2013 12:50 pm    Asunto: Responder citando

Desculpade a demora, tiven que poñerme a redactar esta madrugada, aí vai a proposta de convocatoria:

Cita:
Un SOS pola bicicleta e a cidade. Masa Crítica A Coruña 5/4/2013.

Queremos estender un chamamento moi especial á comunidade ciclista da cidade da Coruña, e a todas as persoas que desexan unha mobilidade socialmente beneficiosa, pacificada e libre dos moi nocivos privilexios do automóbil privado, a participar na Masa Crítica deste venres 5 para manifestar o seu rexeite ás reformas do Regulamento de Circulación que desde fai meses vén anunciando o Ministerio do Interior, e que xa foron plasmadas fai escasos días nun borrador de decreto de reforma presentado pola Dirección Xeral de Tráfico.

Cremos que estas reformas implicarían unha gran perda de dereitos que de forma colectiva, cotián e práctica fomos multiplicando entre tod@s nos últimos anos. Habería un marco legal máis permisivo co acoso d@s ciclistas por parte de automobilistas e administracións, e marcadamente desincentivador do seu uso, o que non faría senón aumentar os riscos de padecer accidentes, lesións e a morte.

Todas as investigacións honestas sobre o tema da seguridade ciclista coinciden nunha conclusión, o respecto á bicicleta entre o tráfico dunha cidade tende a incrementarse de forma importante cantas máis bicis haxa nas súas rúas. A bicicleta é unha das máis potentes ferramentas para axilizar e, sobre todo, calmar o tráfico urbano e incrementar a seguridade ciclista e peonil. Entra dentro da vertente activa, radical, da seguridade viaria, aquela que fai decrecer o número e a importancia dos accidentes. A obrigatoriedade do casco en bicicleta tamén dentro das cidades*, a reforma máis polémica e unha das de maior gravidade, non só é unha medida de seguridade desproporcionada e meramente pasiva, senón que conlevaría unha redución importante dos desprazamentos en bicicleta. Australia, o único país no mundo que implantou seriamente tal medida, viu como estes desprazamentos caían entre un 30 e un 40% sen que a porcentaxe de lesións e mortalidade se reducise a pesar do emprego obrigatorio do casco, o único que se incrementou de maneira significativa no caso australiano foron as multas. Contraproducentemente, se é que presumimos a boa fe do goberno, a obrigatoriedade do casco en bici aumentaría a probabilidade de sufrir accidentes e que estes sexan máis graves.

Á saída da bicicletada, no mesmo horario de cada mes, entre as 20:00 e as 20:30 horas na Praza de María Pita, realizaremos unha acción «die in», e durante o percorrido repartiremos folletos informativos sobre as implicacións da reforma e un chamamento á participación nunha Masa Crítica especial, que se celebrará o sábado día 13 de abril en varias cidades galegas con motivo do Día Internacional da Bicicleta, na que se proseguirá a campaña contra a reforma anti-bici. Animamos igualmente a participar da proposta e organización desta e outras actividades relacionadas a través dos foros en internet das masas críticas galegas: http://bicis.info/foro

Asdo. Algunhas persoas que pedalean cada día e o celebran xuntas cada primeiro venres de mes.

* Ata o momento este tan só é de uso obrigatorio en vías interurbanas, e a introdución de dita obrigatoriedade no ano 2004 non foi eficaz para modificar as tendencias da última década en canto a lesións cerebrais e mortalidade ciclista nas estradas do estado español. As vítimas levan casco na gran maioría de ocasións pero este revélase como unha protección insuficiente nas colisións con automóbiles, causa da práctica totalidade dos casos.


Dada a urxencia do tema, adxuntareille uns cantos enlaces onde atopar documentación e poreino en circulación xa mesmo. Calquera rectificación pode facerse despois.

Sobre a Masa Crítica do día 13, non sei se hai algún fío no foro pero é unha proposta da masa de Vigo que xa nos comentara Joao o mes pasado. Teño un mail seu de antonte sobre o tema, confirmamos que a celebraremos tamén na Coruña? Chamareino esta tarde.

A acción da DGT, de facerse, penso que sería mellor levala a cabo outro día, dentro do seu horario.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
Moncho Vázquez



Rexistrado: 12 Abr 2008
Mensaxes: 295

MensaxePublicado: Xov Abr 04, 2013 4:31 pm    Asunto: Responder citando

Pablo enviou a nota de prensa.

Deberiamos decidir se nos sumamos á convocatoria de Masa Crítica especial Día Internacional da Bicicleta que están a promover desde Vigo. Queren que se celebre simultaneamente en máis cidades galegas, sacando tamén unha nota de prensa conxunta. Digo que deberiamos decidirnos porque mañá é unha gran oportunidade para difundila. Por agora confirmaron a súa celebración as masa críticas de Vigo e Compostela.

Por min avanti.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Visitar sitio web do autor
easynote



Rexistrado: 06 Ago 2009
Mensaxes: 63
Ubicación: Castrelos

MensaxePublicado: Ven Abr 05, 2013 12:17 am    Asunto: Responder citando

Celebrar unha masa crítica en simultaneo (habitualmente celebrámola en 3 dias diferentes) pareceunos unha boa idea como contraste á masa crítica galega na que nos xuntamos todos nunha determinada poboación.
Ademais, se consensuamos unha nota de prensa común acadaremos un impacto mediático que dificilmente conseguiriamos por separado. Máis no ontexto actual no que o borrador do novo Reglamento torpedea claramente as vantaxes relativas da bici respecto aos demais medios de transporte.
En Vigo o argumento que máis temos utilizado é o do aumento no número de persoas que se desprazan a diario en bici. A aprobación deste borrador farianos retroceder uns 10 anos e serviría de argumento ao concello para deixarnos definitivamente á marxe da mobilidade urbana.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
danDDv77
Site Admin


Rexistrado: 02 Xul 2009
Mensaxes: 2032
Ubicación: (Monelos - O Castrillón) A Coruña

MensaxePublicado: Ven Abr 05, 2013 12:34 am    Asunto: Responder citando

Moncho Vázquez escribiu:
Pablo enviou a nota de prensa.

''Unha 'Masa' máis crítica ca nunca''
http://praza.com/movementos-sociais/4038/unha-masa-mais-critica-ca-nunca



Estupendo celebrar o Día da Bici!
_________________
Aqueles que van rápido cara a ningures,
pechan o paso, sen físgoa,
a quen queríamos chegar a modo a un destino.
Jorge Riechmann

Crise http://goo.gl/n8paO
Viva|la|bici http://goo.gl/m0wiyC
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Vicente



Rexistrado: 06 Set 2012
Mensaxes: 5

MensaxePublicado: Mer Abr 10, 2013 10:14 pm    Asunto: Responder citando

A nosa compañeira Karme fala na Radio Galega da masa crítica especial e algúns temas de actualidade na bici a partir do minuto 43.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Masa Crítica Coruña Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala