Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Seminario de finanzas éticas

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Lun Abr 21, 2008 10:27 am    Asunto: Seminario de finanzas éticas Responder citando

Para quien le interese:

" Semana Galega de Comercio Xusto "


Seminario de Finanzas Éticas: Os segredos dos investimentos banacarios


O seminario celebrarase durante os días 28, 29 e 30 de Abril na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.


Centrarase en tres eixos principais:

1.- DENUNCIA DA BANCA CONVENCIONAL
2.- ALTERNATIVAS Á BANCA CONVENCIONAL
3.- AUTOXESTIÓN E COOPERATIVISMO

Terá unha duración de 30 horas en sesión de mañá e tarde, polas que temos concedido 1 crédito de libre configuración.

As persoas que desexen recibir o crédito deberán inscribirse no teléfono 886 111 327 ou ben no enderezo electrónico vigo@amaranteong.org . A inscrición terá un custe de 15 euros. As persoas que só desexen asistir a algunha das conferencias ou xornadas non é preciso que realicen inscrición previa.


--------------Programa resumido------------------------

Contaremos coa presenza de colectivos como o BBVA sen Armas ou Ecolgistas en Acción e persoas especialistas nesta temática, entre elas:
- Joan Melé, Director de Triodos Bank Catalunya
- Arcadi Oliveres, profesor de Economía da Universidade Autnónoma de Barcelona
- Nuria del Río, licenciada en Ciencias da Información e autora do libro "Rescata tu dinero. Finazas Solidarias y transformación social"
- Jose Josivaldo Alves, representante do Movimento dos Atingidos por Barragems (MAB) de Brasil. O MAB é unha organización brasileira que loita contra os encoros.
- Ramón Pascual: Presidente de Coop57.

Proxectaranse varios films documentais:
"Apaga y Vámonos"
"La Toma"
"Memoria del Saqueo"

----------------------------------------

Paralelamente ao seminario de Finanzas Éticas, o representante do MAB, Jose Josivaldo Alves, ofrecerá diferentes charlas nas seguientes localidades galegas:

- Santiago de Compostela, día 24. Clube Internacional de Prensa
- Melide, día 24. Lugar por determinar
- Vigo, día 25. Casa Galega da Cultura (pendente de confirmar)
- Pontevedra, día 29. Amarante Pontevedra, Rúa da Ponte,
- Ourense, día 30. Amarante Ourense. Avda Habana, 64

En Ourense contaremos tamén con un representante da organización galega por finanzas éticas "O Peto" que introducirá o debate no cuarto filme do cine-foro organizado por Amarante e Verdegaia e que estará adicado as FINANZAS ÉTICAS co filme: MEMORIA DEL SAQUEO.
Será o mércores 7 de maio as 20.30h no local de Amarante (Avd. Habana 64)
-----------------------------------------




PREGAMOS DIFUNDAN ESTA INFORMACIÓN ENTRE OS SEUS CONTACTO





Atentamente,



--
Víctor Barro Casal

Coordinador Ourense
AMARANTE Setem
soliGariedade
Avenida da Habana, 64
Tel. 988601921
32003 OURENSE
--
ourense@amaranteong.org
www.amaranteong.org
_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
bruji8688



Rexistrado: 17 Out 2007
Mensaxes: 1735
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Mar Nov 27, 2012 3:01 pm    Asunto: Responder citando

A partir del minuto 2 :

Link

_________________
"Nadie comete mayor error que el que no hace nada porque sólo podría hacer muy poco"
E. Burke
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Yahoo Messenger
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Convocatorias/Campañas doutros grupos sociais Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala