Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Transporte de bicis en barco

 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Cuestións, Dúvidas e Recomendacións
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Xosé A. Portela



Rexistrado: 21 Out 2007
Mensaxes: 3
Ubicación: Vigo

MensaxePublicado: Dom Out 21, 2007 9:25 am    Asunto: Transporte de bicis en barco Responder citando

Boas a tod@s!

Para os q sexades da zona de Vigo, quería saber q opinión vos merece q para levar a bici nos barcos de Naviera Mar de Ons (q fai os percorridos pola Ría a Cangas, Moaña e Cíes) cobren un suplemento por un importe case igual ao q se paga por persoa (1,20 eur. , custando o billete por persoa 1,95), ademais de non teren ningún lugar habilitado para as bicis (nos barcos grandes non hai problema, pero nos pequenos tes q guindala por onde poidas).

Porén, ningún outro tipo de carga ten q pagar suplementos (carriños de bebés, maletas, táboas de surf, etc) aínda q poidan ser máis voluminosas ou pesadas q unha bici. Seica o argumento q emprega a Naviera é q a bici, por ser o teu medio de transporte, ten q pagar máis (¿?).

Ou sexa, q para o barco, en contra de toda lóxica, non importa o q ocupe ou pese o q transportes, senón a finalidade para a cal o empregas. Isto paréceme extremadamente inxusto e case unha falta de respecto e igualdade aos q usamos a bici.

Por motivos persoais collo bastante a liña Vigo-Cangas e revéntame q por levar a bici se me vaia cada viaxe a 6,30 eur.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Marcial
Site Admin


Rexistrado: 15 Out 2007
Mensaxes: 530
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Dom Out 21, 2007 2:25 pm    Asunto: Responder citando

Vai, é asombroso, a empresa con ideas mais revolucionarias do país. Onde todo o mundo di que é un xoguete, un pasatempo, etc agora esta empresa di que é un medio de transporte, que é precisamente a idea que queremos transmitir á xente. Claro que a única razón de ser de tal razoamento é buscar o xeito de xustificar porque se cobra por levala no barco jeje.

Ou sexa que te sae mais barato coller un bus ida e volta para ir a onde necesites despois do barco que ir en bici... pois si que isto anima á xente a coller a bici. Se queremos ver menos atascos, axudar á que a xente vaia en bici, etc hai que evitar medidas como esa. E menos mal que che deixan subir á bici jeje, que parece que os medios de transporte alternativos ao coche estan enfrontados uns cos outros.

É unha empresa privada que evidentemente terá unha concesión. Creo que a solución é facer unha protesta escrita ante os concellos que lle deron a concesión, o mellor razoada posible, a ver se hai sorte. Tamén se pode probar cunha recollida de firmas, aínda que isto é moito mais curro.

Outro xeito, pero mais a medio prazo, é mediante normativas máis amplas, autonómicas, nacionais ou europeas que obriguen aos medios de transporte públicos a levar gratuítamente ás bicicletas (ou senón gratuítamente si a un precio razoablemente barato). Hai unha lei marco europea que fala disto en referencia ao tren, pero todavía ten que aplicarse nas normativas nacionais, a saber cando chega...

Xa comentarás que ideas se che ocorren e como vai o asunto, Moita sorte!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
Faneca Brava



Rexistrado: 19 Out 2007
Mensaxes: 253
Ubicación: A Coruña

MensaxePublicado: Lun Out 22, 2007 4:15 pm    Asunto: Responder citando

A verdade é que non ten moita lóxica non... pagar case o mesmo pola bici que por ti mesmo e tendo en conta o que ti dis, Xosé, que outros bultos ocupan tanto ou máis e non se paga por eles.
Como o que comentades do tren... a capacidade pra só catro bicis é unha miseria. Mentras non cambie a mentalidade...
_________________

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ao mes!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Xosé A. Portela



Rexistrado: 21 Out 2007
Mensaxes: 3
Ubicación: Vigo

MensaxePublicado: Lun Out 22, 2007 8:18 pm    Asunto: Responder citando

Ola xente!

Pois nada, q como a min este tema xa me dá algo de noxo, imos ver de levar adiante dende Verdegaia-Vigo algunha iniciativa (reclamación, recollida de sinaturas, etc) para ver de rematar con esta discriminación irrazoable. Pero bueno, con calma, q co curro pouco tempo libre me queda para estas actividades.

Seguirei informando.

Saúdos e boas pedaladas.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Mar Out 23, 2007 2:42 pm    Asunto: País! Responder citando

Ola Portela,
Penso que o primeiro é scontactar coa empresa oficialmente e preguntar en que punto do documento da concesión se basean para cobrar as bicis e non ao resto.

Se hai este dato entrarlle ao concello (ou administración responsábel) para a súa modificación e se non o hai, ao Concello tamén para que impidan esta práctica
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
bego cr



Rexistrado: 21 Out 2007
Mensaxes: 1

MensaxePublicado: Mer Out 24, 2007 11:58 am    Asunto: transporte en barco Responder citando

Olà

comparto con tod@s o noxo que provocan estas iniciativas empresariais de cobrar billete-carga pola bici. Haberá que idear, como dí portela, un plan de acción efectivo dirixido á xunta e ó concello para virar a situación, dado que as reclamacións individuais vimos que non sirven de nada.

a cousa é que a empresa de transposte na ría de Vigo, NAviera Mar de Ons, está nunha situación excepcional,e parece que o escenario ennegrécese.
a nosa querida Unión Europea entende que o transporte de pasaxeiros por barco, ao terem opción de transporte público por estrada, ten que ser exercido en libre competencia, e polo tanto a concesión pública e monopolística otorgada pola Xunta a Naviera de Ons é ilegal.

Isto implicaría que ao nom ser declarado "servicio público", o transporte por barco, aberto a libre concurrencia da empresa mellor postora, quedaría completamente nú e nom habería a obriga por parte das navieras de fixar horarios, frecuencias e tarifas.

A Xunta, agocha a cabeza, e planea a liberalización do transporte na Ría de Vigo, e o fai ó parecer na Lei sobre o Transporte Marítimo en Augas Interiores de Galicia, que creo todavía nom se aprobou.

Haberá que estar pendentes de cómo termina a historia para telo en conta (e dicer e actuar ó respecto), pero o plan de acción pola bici ten que levarse a cabo estea quen estea.

Saúde e pedal!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
xanzinho



Rexistrado: 24 Out 2007
Mensaxes: 3

MensaxePublicado: Mer Out 24, 2007 6:00 pm    Asunto: Responder citando

A respeito disto, penso que temos que mover-nos já tod@s pra exixir que deixem levar a bíci gratuitamente en qualquer medio de transporte público (nom só protestar no tren, no bus, no barco...)
Para isto hai umha lei de transporte que depende da Xunta ou dalgum Ministério?
Se depende da Xunta deveriamo-nos juntar @s galeg@s tod@s e dar-lhes canha juntos. E se depende do Ministério, pois a juntar-nos cos biciclistas da meseta e arredores (he he) e protestar... Isto é umha conha.
_________________
Quanto mais conheço à gente mais gosto do meu cam.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
xanduro
Site Admin


Rexistrado: 30 Xan 2007
Mensaxes: 60
Ubicación: Compostela

MensaxePublicado: Mer Out 24, 2007 6:59 pm    Asunto: Responder citando

Touriño anunciou o ano pasado o inicio do estudo para elaborar un plano de transporte para Galicia. Temos as competencias sobre o transporte por estrada e polas rías, máis non por tren.
Dubido que saquen e plano nesta lexislatura.
_________________
Xan Duro
www.verdegaia.org
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e Visitar sitio web do autor
xanzinho



Rexistrado: 24 Out 2007
Mensaxes: 3

MensaxePublicado: Sab Out 27, 2007 5:50 pm    Asunto: Responder citando

Grazas pola informaçom Xanduro. E nom poderiamos presionar (no momento que se faga essa lei, claro) dalgumha medida. Cumpria estarmos atentos pra que nom nos deixem fóra.

Apertas.
_________________
Quanto mais conheço à gente mais gosto do meu cam.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
fenrir



Rexistrado: 29 Set 2008
Mensaxes: 6

MensaxePublicado: Lun Set 29, 2008 11:31 pm    Asunto: Responder citando

O da Naviera pasa xa de impresentable. Eu teño unha bici plegable, e sempre teño algún problema para metela porque me dan un toque para que pague o extra. Ao final plégoa diante do tío e como queda medio flipao de ver unha bici "rota" ao final acaba entrando. Pero a última vez xa se puxeron máis tontos e acabei discutindo que non me poden cobrar por algo que non ocupa máis que os carros da compra ou coches de nenos... e acabaron achantando.

Total, que me obrigan a cargar coa bolsa de transporte para poder ocultarlla á vista e evitar problemas.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Cuestións, Dúvidas e Recomendacións Todas as horas son GMT + 1 Hora
Páxina 1 de 1

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Non podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala