Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

Guía BBCode
Introdución
Que é o código BBCode?

Formateo de texto
Como crear texto resaltado, en cursiva ou subliñado?
Como cambiar a cor ou o tamaño do texto
Podo combinar as etiquetas de formato?

Citas de texto ou visualización de texto de largo fixo
Citar texto nas respostas
Escribindo código ou texto de largo fixo

Creando Listas
Creando unha lista desordenada
Creando unha lista ordenada

Creando Ligazóns
Creando unha ligazón a outro sitio

Publicando imaxes nas mensaxes
Engadindo unha imaxe á mensaxe

Outros asuntos
Podo engadir as miñas propias etiquetas?

 

Introdución
Que é o código BBCode?
O BBCode é unha implementación especial do HTML. A posibilidade de usar o BBCode nas mensaxes publicadas nos foros é determinada polo administrador. Asemade, podes desactivar o BBCCode nunha mensaxe determinada a través do formulario de publicación da mesma. O BBCode é moi similar no estilo ao HTML: as etiquetas van entre corchetes [ e ] en troques de < e > e ofrece un meirande control sobre o que se amosa e como se amosa. Dependendo da sobreplanta que esteas a usar podes atopar que engadir BBCode ás túas mensaxes é moito máis doado a través dunha interface situada enriba da área de edición do formulario de publicación. Mesmo neste caso podes atopar moi útil a seguinte guía.
Volver arriba

Formateo de texto
Como crear texto resaltado, en cursiva ou subliñado?
O BBCode inclúe etiquetas para permitirche cambiar o estilo básico do teu texto rapidamente. Podes conseguilo das seguintes formas:
  • Para resaltar un fragmento de texto insíreo dentro de [b][/b], ex.

    [b]Ola[/b]

    verase: Ola
  • Para subliñar usa [u][/u], por exemplo:

    [u]Bos Días[/u]

    aparecerá así: Bos Días
  • Para poñer texto en cursiva podes usar [i][/i], ex.

    Isto é [i]Fantástico![/i]

    amosará: Isto é Fantástico!

Volver arriba
Como cambiar a cor ou o tamaño do texto
Para mudar a cor ou o tamaño do teu texto podes utilizar as seguintes etiquetas. Ten en conta que a apariencia do que se amose depende do visor dos navegadores e do sistema operativo:
  • O troco de cor do texto pódese acadar colocándoo entre [color=][/color]. Podes especificar ben un nome recoñecido da cor (en inglés, ex. red, blue, yellow, etc.) ou ben a tripleta do seu código hexadecimal identificatorio, ex. #FFFFFF, #000000. Por exemplo, para crear texto en vermello podes usar:

    [color=red]Ola![/color]

    ou

    [color=#FF0000]Ola![/color]

    obtendo dos dous xeitos: Ola!
  • Mudar o tamaño do texto conséguese dunha forma moi similar usando [size=][/size]. Esta etiqueta depende da sobreplanta que esteas a usar pero o formato recomendado é un valor numérico referente ao tamaño do texto en pixels, comezando polo 1 (tan pequeno que nin o verás) até o 29 (moi grande). Por exemplo:

    [size=9]PEQUENO[/size]

    será normalmente: PEQUENO

    mentres que:

    [size=24]ENORME![/size]

    será: ENORME!

Volver arriba
Podo combinar as etiquetas de formato?
Si, por suposto que podes. Por exemplo para chamar á atención podes escribir:

[size=18][color=red][b]MÍRAME![/b][/color][/size]

de xeito que obterás: MÍRAME!

Aínda que non che recomendamos que amoses grandes cantidades de texto con esta apariencia! Lembra que é cousa túa, xa que es o que publicas, asegurarte de que as etiquetas están pechadas correctamente. Por exemplo, o seguinte é incorrecto:

[b][u]Isto é errado[/b][/u]
Volver arriba

Citas de texto ou visualización de texto de largo fixo
Citar texto nas respostas
Hai dúas formas de facelo: cunha referencia ou sen ela.
  • Cando utilizas a función Citar para respostar a unha mensaxe do foro verás que o texto referenciado se engade á fiestra de edición nun bloque pechado entre [quote=""][/quote]. Este método permíteche citar con referencia a unha persoa ou calquera outra cousa que introduzas. Por exemplo, para citar un fragmento de texto do xeito: 'o Sr. Batuxón escribiu', terías que escribir:

    [quote="O Sr. Batuxón"]O texto escrito polo Sr. Batuxón iría aquí[/quote]

    De resultas na saída engadirase automáticamente: 'O Sr. Batuxón escribiu:' diante do texto actual. Lembra que debes incluir o nome que estás a citar entre dobres aspas "" (marcas da cita) -- non son opcionais.
  • O segundo método permíteche citar calquera cousa de forma xenérica. Para utilizalo pecha o texto entre as etiquetas [quote][/quote]. Cando vexas a mensaxe simplemente amosará: 'Cita:' diante do texto propiamente dito.

Volver arriba
Escribindo código ou texto de largo fixo
Se queres amosar un fragmento de código ou de feito calquera outra cousa que requira un largo fixo cunha fonte de tipo Courier, deberías pechar o texto entre as etiquetas [code][/code], ex.

[code]echo "Isto é un código calquera";[/code]

Calquera formato utilizado dentro das etiquetas [code][/code] mantense cando o volvas ver logo.
Volver arriba

Creando Listas
Creando unha lista desordenada
BBCode permite dous tipos de listas, desordenadas e ordenadas. Son basicamente como as súas equivalentes en HTML. Unha lista desordenada amosa cada elemento da túa lista secuencialmente un tras do outro sangrando cada un cun carácter de marca. Para crear unha lista desordenada tes que usar [list][/list] e definir cada elemento dentro da lista utilizando [*]. Por exemplo, para facer unha lista das túas cores favoritas podes usar:

[list]
[*]Vermello
[*]Azul
[*]Amarelo
[/list]

Isto xerará a lista seguinte:
  • Vermello
  • Azul
  • Amarelo

Volver arriba
Creando unha lista ordenada
O segundo tipo de lista, unha lista ordenada, dáche control sobre o que se amosa diante de cada elemento. Para crear unha lista ordenada debes usar [list=1][/list] se queres crear unha lista numérica ou ben [list=a][/list] para unha lista alfabética. Igual que nas listas desordenadas os elementos especifícanse utilizando [*]. Por exemplo:

[list=1]
[*]Ir á tenda
[*]Mercar un novo ordenador
[*]Lembrarse do pai, a nai, e de toda a familia do ordenador cando se colgue
[/list]

amosará o seguinte:
  1. Ir á tenda
  2. Mercar un novo ordenador
  3. Lembrarse do pai, da nai, e de toda a familia do ordenador cando se colgue
mentres que para unha lista alfabética terás que usar:

[list=a]
[*]A primeira posíbel resposta
[*]A segunda posíbel resposta
[*]A terceira posíbel resposta
[/list]

obtendo
  1. A primeira posíbel resposta
  2. A segunda posíbel resposta
  3. A terceira posíbel resposta

Volver arriba

Creando Ligazóns
Creando unha ligazón a outro sitio
O BBCode do phpBB permite unha serie de procedementos para crear URIs, Indicadores de Recursos Uniformes, máis coñecidos como URLs.
  • O primeiro deles usa a etiqueta [url=][/url]; calquera cousa que escribas logo do signo = fará que o contido da citada etiqueta actúe como unha URL. Por exemplo, para engadir unha ligazón a phpBB.com podes usar:

    [url=http://www.phpbb.com/]Visita o sitio do phpBB![/url]

    Isto xerará a seguinte ligazón: Visita o sitio do phpBB! Decataraste de que a ligazón abre nunha nova fiestra de xeito que o usuario pode continuar navegando polos foros se así o desexa.
  • Se queres que a URL en sí sexa amosada como ligazón podes conseguilo simplemente utilizando:

    [url]http://www.phpbb.com/[/url]

    O cal amosará a ligazón seguinte: http://www.phpbb.com/
  • Asemade, o phpBB engade as súas características unha denominada Ligazóns Máxicas coa cal calquera URL sintacticamente correcta que escribas será convertida nunha ligazón sen necesidade de que especifiques etiqueta ningunha ou mesmo o encabezado http://. Por exemplo ó escribir www.phpbb.com na túa mensaxe convertirase automaticamente en www.phpbb.com e amosarase cando a vexas.
  • O mesmo concepto é de igual aplicación aos enderezos de correo-e; podes especificar o enderezo explicitamente, como:

    [email]ninguen@dominio.gz[/email]

    co cal obterás: ninguen@dominio.gz ou podes sinxelamente teclear ninguen@dominio.gz na túa mensaxe e será convertido automaticamente cando a vexas.
Do mesmo xeito que con todas as etiquetas do BBCode podes colocar dentro das URLs outras etiquetas como por exemplo [img][/img] (mira no seguinte apartado), [b][/b], etc. Igual que nas etiquetas de formato tes que asegurarte de seguir a orde correcta de apertura e pechado das mesmas. Por exemplo:

[url=http://www.phpbb.com/][img]http://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/url][/img]

non é correcto o cal causará que a túa mensaxe publicada sexa borrada, así que vai con tino
Volver arriba

Publicando imaxes nas mensaxes
Engadindo unha imaxe á mensaxe
O BBCode do phpBB incorpora unha etiqueta para incluír imaxes nas túas mensaxes. Debes lembrar dous aspectos moi importantes cando uses esta etiqueta: primeiro, moitos usuarios non gostan de moreas de imaxes amosadas nunha mensaxe e, segundo, a imaxe que queiras engadir debe estar xa dispoñíbel na Internet (no pode existir só no teu ordenador, por exemplo, a menos que esteas a usar un servidor de web!). Actualmente non hai xeito de gardar imaxes localmente co phpBB (todas estas características discutiranse na próxima versión do phpBB). Para amosar unha imaxe tes que pechar a URL que apunte á mesma dentro das etiquetas [img][/img]. Por exemplo:

[img]http://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/img]

Tal e como dixemos na sección anterior referente as URLs podes incluír unha imaxe dentros das etiquetas [url][/url] se así o queres, ex.

[url=http://www.phpbb.com/][img]http://www.phpbb.com/images/phplogo.gif[/img][/url]

xerará:



Volver arriba

Outros asuntos
Podo engadir as miñas propias etiquetas?
Non, non directamente no phpBB 2.0. Estamos procurando a forma de ofrecer etiquetas do BBCode modificabeis polo usuario para a próxima versión maior.
Volver arriba

Todas as horas son GMT + 1 Hora

Cambiar a:  


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala