Índice dos Foros Foro das masas críticas galegas

 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

FAQ
Sobre a entrada (login) e rexistro
Por que non podo entrar?
Por que me teño que rexistrar para todo?
Por que a miña sesión de usuario expira automaticamente?
Como evito aparecer nas listas de usuarios conectados?
Perdín o meu contrasinal!
Rexistreime e non podo entrar!
Hai un tempo rexistreime, pero agora non podo entrar.

Preferencias de usuario e configuracións
Como podo cambiar a miña configuración?
A hora nos foros non é correcta!
Cambiei a zona horaria no meu perfil, pero a hora segue a ser incorrecta!
O meu idioma non está na lista!
Como podo poñer unha imaxe debaixo do meu nome de usuario?
Como podo cambiar o meu rango?
Cando premo sobre a ligazón de correo-e dun usuario pídeme que me rexistre.

Publicación de mensaxes
Como podo publicar unha mensaxe no foro?
Como podo editar ou borrar unha mensaxe?
Como podo engadir unha sinatura á miña mensaxe?
Como creo unha enquisa?
Como edito ou borro unha enquisa?
Por que non podo acceder a algún foro?
Por que non podo votar nas enquisas?

Formateo de mensaxes e tipos de temas
Que é o código BBCode?
Podo usar HTML?
Que son os risoños?
Podo publicar imaxes?
Que son os anuncios?
Que son os temas destacados?
Que son os temas pechados ou bloqueados?

Niveis de usuario e grupos
Que son os administradores?
Que son os moderadores?
Que son os grupos de usuarios?
Como podo pertencer a un grupo de usuarios?
Como me fago moderador dun grupo de usuarios?

Mensaxería privada
Non podo enviar mensaxes privadas!
Quero evitar mensaxes privadas non desexadas!
Recibín spam ou correos abusivos procedentes de alguén neste foro!

Sobre phpBB2
Quen programou este foro?
Por que este foro non ten X cousa dispoñíbel?
Con quen podo contactar sobre abusos e/ou asuntos legais relacionados con este foro?

 

Sobre a entrada (login) e rexistro
Por que non podo entrar?
Xa te rexistraches? Debes rexistrarte no sistema antes de poder acceder a el. Bloqueáronte no foro? (se é así aparecerá unha mensaxe). Se isto sucede contacta co administrador do foro para coñecer a causa. Se te rexistraches e non foches bloquedado verifica por partida doble que o teu nome de usuario e contrasinal coincidan, é o problema máis común. Se estás certo de que son correctos os datos, contacta co administrador, é posíbel que o foro estea mal configurado.
Volver arriba
Por que me teño que rexistrar para todo?
Non estás obrigado a facelo, a decisión tómana os administradores e moderadores. Porén, estar rexistrado dache moitas vantaxes que como usuario convidado non terías, como ter o teu gráfico personalizado (avatar), mensaxes privadas, enviar correos-e aos outros usuarios, subscrición a grupos de usuarios, etc... Só che levará uns segundos, é moi recomendábel.
Volver arriba
Por que a miña sesión de usuario expira automaticamente?
Se non activas a opción Iniciar sesión automáticamente cando inicias a mesma o foro manterá a túa sesión por un tempo predeterminado. Isto prevén que a túa conta poda ser usada por alguén máis. Para permanecer coa sesión activa, marca a opción ao entrar. NON é recomendábel se accedes ao foro desde un ordenador compartido (café-internet, biblioteca, sala da universidade...)
Volver arriba
Como evito aparecer nas listas de usuarios conectados?
No teu perfil, atoparás a opción Ocultar o meu estado de conexión, se activas esta opción aparecerás só para os administradores do foro e para ti mesmo. Contarás como un usuario oculto.
Volver arriba
Perdín o meu contrasinal!
Calma! Aínda que o teu contrasinal non pode ser recuperado podes reaxustalo. Para facelo diríxete á páxina de rexistro e preme en Esquecín o meu contrasinal, sigue as instrucións e volverás estar en liña en moi pouco tempo.
Volver arriba
Rexistreime e non podo entrar!
Primeiro verifica os teus datos (usuario e contrasinal). Se todo é correcto hai dúas posibeis razóns: se o Sistema de Protección Infantil (COPPA) está activado e cando te rexistraches elixiches a opción Son menor de 13 anos entón terás que seguir as instruccións que se che darán. Noutros casos pode que a túa conta precise ser activada. Algúns foros requerirán que todos os novos rexistros sexan activados, ben por tí mesmo ou polo administrador antes de que poidas iniciar a sesión. Cando te rexistraches deberían terte informado de se era necesaria a activación da túa conta. Se recibiches un correo-e segue as instrucción que se che indiquen; se non recibiches correo-e ningún entón comproba que o enderezo que suministraches é correcto. Unha das razóns polas que se usa a activación de contas é tentar reducir a posibilidade de que usuarios pillabáns abusen dos foros de xeito anónimo. Se estás certo que o enderezo de correo-e que deches é válido tenta conectar co administrador do foro.
Volver arriba
Hai un tempo rexistreime, pero agora non podo entrar.
As posibeis razóns son: introduciches un nome de usuario ou contrasinal incorrectos (verifica a mensaxe que se che enviou ao rexistrarte) ou que o administrador borrase a túa conta por algún motivo. Se é este último caso, pode ser que non publicases nada? Nos foros é habitual eliminar periódicamente aqueles usuarios que non publicaron mensaxes de xeito que se reduce o tamaño da base de datos. Tenta rexistrarte de novo e participa nas discusións.
Volver arriba

Preferencias de usuario e configuracións
Como podo cambiar a miña configuración?
Todos os teus datos e configuracións (se estás rexistrado) están arquivados na nosa base de datos. Para modificalos preme na ligazón Perfil (xeralmente atópase enriba de cada páxina ainda que pode non ser o caso). Isto permitirache mudar a túa configuración.
Volver arriba
A hora nos foros non é correcta!
As horas son case seguro correctas, é posíbel que esteas vendo as horas correspondentes a outra zona horaria distinta á túa. Neste caso, podes mudar a configuración do teu perfil e definir a túa zona horaria de acordo á túa localización ex. Londres, París, New York, Sydney, etc. Ten en conta que o troco de zona horaria, como moitas outras cousas, só pode ser levado a cabo por usuarios rexistrados. Por eso se non te rexistraches ainda xa é hora de facelo, dispensando o xogo de palabras!
Volver arriba
Cambiei a zona horaria no meu perfil, pero a hora segue a ser incorrecta!
Se estás seguro de que a zona horaria que escolleches é correcta e a hora segue a ser diferente é posíbel que se deba aos horarios de verán implementados por algúns países. O foro non está deseñado para manexar as diferencias entre horario estándar e horario de verán polo que durante este último o tempo amosado pode ser unha hora diferente respecto ao tempo local real.
Volver arriba
O meu idioma non está na lista!
O máis habitual é que o administrador non instalara o paquete da túa lingua para o foro ou que ninguén creara unha tradución para a túa lingua. Proba a pedirlle ó administradoor dos foros se pode instalar o paquete de lingua que precisas ou, se non existe, síntete ceibe de facer unha tradución. Podes atopar máis información na web do phpBB Group (Preme na ligazón que se encontra ao final das páxinas)
Volver arriba
Como podo poñer unha imaxe debaixo do meu nome de usuario?
Hai dous tipos de imaxes debaixo do teu nome de usuario cando se están a ver as mensaxes. A primeira é unha imaxe asociada co teu rango; xeralmente toma a forma de estrelas ou bloques indicando cantas mensaxes publicaches ou o teu status nos foros. Debaixo desta pode haber unha imaxe maior coñecida como avatar, a cal é normalmente única ou persoal para cada usuario. A dispoñibilidade do uso de avatares decídea o administrador do foro así como a forma na que se poden usar. Se non podes usar avatares é logo por unha decisión do administrador e deberás contactar con el para coñecer as súas razóns (ten por seguro que serán boas!)
Volver arriba
Como podo cambiar o meu rango?
Normalmente non podes cambiar rango ningún de xeito directo (o rango aparece debaixo do teu nome de usuario nos temas en no teu perfil dependendo do estilo utilizado), xa que este está asociado directamente co número de mensaxes publicadas ou co teu estado de moderador. A meirande parte dos foros usan rangos para indicar o número de mensaxes publicadas e para identificar a certos usuarios. Por exemplo, os moderadores e administradores poden ter un rango especial. Por favor, non abuses dos foros publicando mensaxes innecesariamente só para incrementar o teu rango -- o máis probable é que te atopes con que o moderador ou o administrador decrementen o teu contador de mensaxes publicadas.
Volver arriba
Cando premo sobre a ligazón de correo-e dun usuario pídeme que me rexistre.
Sentímolo, pero só poden enviar correos-e á xente a través do formulario integrado (se é que o administrador activou esta característica) os usuarios rexistrados. Isto faise para previr o uso malintencionado do sistema de correo-e por parte de usuarios anónimos
Volver arriba

Publicación de mensaxes
Como podo publicar unha mensaxe no foro?
É doado -- preme no botón correspondente das pantallas do foro ou dos temas. É posíbel que precises rexistrate antes de que poidas publicar unha mensaxe. As posibilidades que tes dispoñíbeis aparecen listadas na parte inferior da pantalla dos foros e temas (aquelo de Podes publicar novos temas, Podes votar nas enquisas, etc.)
Volver arriba
Como podo editar ou borrar unha mensaxe?
A menos que sexas o administrador ou moderador do foro só podes borrar ou editar as mensaxes que enviaches ti mesmo. Podes editar unha mensaxe (moitas veces só por un tempo limitado logo de ser publicada) premendo no botón editar da mesma. Se alguén xa respondeu á mensaxe, atoparás un pequeno texto ao pe da corrección dicindo que foi modificada e as veces que se fixo. Isto non aparecerá se non hai ainda respostas ou se foi un moderador ou o administrador quen a editou (a maioría das veces deixan unha mensaxe aclaratoria de que alteraron e o porqué). Ten en conta que os usuarios normais non poden borrar unha mensaxe unha vez que esta foi respostada
Volver arriba
Como podo engadir unha sinatura á miña mensaxe?
Para inserir unha sinatura na túa mensaxe primeiro debes crear unha; isto faise modificando o teu perfil. Unha vez creada, activa a opción Engadir Sinatura cando publiques unha mensaxe para engadila. Tamén podes facer que todas as túas novas mensaxes teñan a túa sinatura por defecto, activando a opción correspondente no teu perfil. Tamén podes evitar que a túa sinatura sexa engadida en determinadas mensaxes desactivando a opción de engadir sinatura no formulario de publicación da mesma.
Volver arriba
Como creo unha enquisa?
Crear unha enquisa é doado -- cando inicies un novo tema (ou edites a primeira mensaxe dun tema, se tes os permisos necesarios) verás un formulario para Crear unha enquisa debaixo do editor da mensaxe. Se non o ves, o máis probable é que non teñas dereitos para crear enquisas. Tes que introducir os datos da enquisa, como título e polo menos dúas opcións -- para seleccionar uunha opción escribe a pregunta da enquisa e logo preme no botón Engadir opción. Tamén podes determinar un límite de tempo para a enquisa, introducindo 0 para que non remate nunca. Haberá un límite para o número de opcións que podes introducir, o cal é fixado polo administrador do foro.
Volver arriba
Como edito ou borro unha enquisa?
Do mesmo xeito que coas mensaxes, as enquisas só poden ser editadas por quen as publicou, un moderador, ou polo administrador do foro. Para editar unha enquisa preme na primeira mensaxe do tema, a cal terá sempre a enquisa asociada con ela. Se ninguén votou entón os usuarios poden borrar a enquisa ou editar calquera opción da mesma. Porén, se alguén efectou xa o seu voto só os moderadores ou administradores poderán editala ou borrala; isto faise para evitar que a xente ensarille as enquisas mudando as súas opcións no medio dun proceso de votación.
Volver arriba
Por que non podo acceder a algún foro?
Algúns foros están limitados a certos grupos ou usuarios. Para velos, ler, publicar mensaxes, editar, etc, podes necesitar certas autorizacións, que só che pode dar un moderador ou administrador do foro, polo que deberás contactar con eles.
Volver arriba
Por que non podo votar nas enquisas?
Só os membros rexistrados poden votar nas enquisas para previr resultados trucados. Se te rexistraches pero non podes votar, é posíbel que non teñas autorización para votar nesa enquisa.
Volver arriba

Formateo de mensaxes e tipos de temas
Que é o código BBCode?
BBCode é unha implementación especial do HTML. A posibilidade de usar o BBCode nas mensaxes publicadas nos foros é determinada polo administrador. Asemade, podes desactivar o BBCCode nunha mensaxe determinada a través do formulario de publicación da mesma. O BBCode é moi similar no estilo ao HTML: as etiquetas van entre corchetes [ e ] en troques de < e > e ofrece un meirande control sobor de que se amosa e como se amosa. Para máis información podes ver o manual de BBCode, na ligazón que aparece cada vez que vas publicar unha mensaxe.
Volver arriba
Podo usar HTML?
Depende de se o administrador cho autoriza ou non; ten control completo sobre o tema. Se estás autorizado para usalo probablemente atopes que só funcionan certas etiquetas concretas. Isto é unha característica de seguridade para previr problemas no foro por parte da xente que utilice etiquetas que poidan desfacer a distribución do mesmo ou facer outras trasnadas. Se o HTML está activado podes desactivalo nunha mensaxe concreta mediante a opción correspondente do formulario de publicación.
Volver arriba
Que son os risoños?
Os risoños ou smilies son pequenos gráficos que poden usarse para expresar emocións utilizando un pequeno código, por exemplo: :) significa ledo, :( significa triste. A lista completa de risoños pode verse no formulario que aparece cando publicas unha mensaxe. Porén tenta non abusar dos risoños, xa que poden de xeito doado converter unha mensaxe en ilexíbel e o moderador pode decidir editala ou borrala completamente.
Volver arriba
Podo publicar imaxes?
Pódense amosar imaxes de xeito efectivo nas túas mensaxes. Porén, actualmente non é posíbel subir imaxes directamente a este foro. Polo tanto deberás introducir unha ligazón a unha imaxe gardada nun servidor web accesíbel públicamente, ex. http://www.un-lugar-dalgun-sitio.gz/imaxe.gif. Non podes ligar a imaxes gardadas no teu propio PC (a menos que sexa un servidor accesíbel públicamente) nin a imaxes gardadas tras mecanismos de identificación como as caixas de correo de Hotmail ou Yahoo, sitios protexidos por contrasinal, etc. Para amosar unha imaxe utiliza indistintamente a etiqueta [img] do BBCode ou o código HTML precisado (se che está permitido usalo).
Volver arriba
Que son os anuncios?
Os anuncios adoitan conter información importante e deberías lelos o máis cedo posíbel. Os anuncios aparecen na parte superior de cada páxina do foro no que foron publicados. A posibilidade de que poidas ou non publicar un anuncio depende dos permisos requeridos, os cales son determinados polo administrador.
Volver arriba
Que son os temas destacados?
Os temas destacados aparecen debaixo dos anuncios na vista do foro e só na primeira páxina. Adoitan ser importantes de abondo como para lelos sempre que che sexa posíbel. Igual que no caso dos anuncios, o administrador do foro determina os permisos requeridos para publicar temas destacados en cada foro.
Volver arriba
Que son os temas pechados ou bloqueados?
Os temas pechados ou bloqueados son configurados deste xeito polo moderador ou polo administrador do foro indistintamente. Non é posíbel respostar a temas pechados e calquera enquisa contida neles é rematada automáticamente. Os temas poden ser pechados ou bloqueados por razóns diversas.
Volver arriba

Niveis de usuario e grupos
Que son os administradores?
Os administradores son xente asignada co máis alto nivel de control sobre o foro enteiro. Poden controlar todos os aspectos relativos ao funcionamento do mesmo incluindo concesión de permisos, bloqueo de usuarios, creación de grupos de usuarios ou moderadores, etc. Asemade teñen capacidade absoluta para actuar como moderadores en calquera dos foros.
Volver arriba
Que son os moderadores?
Os moderadores son persoas (ou grupos de persoas) que teñen como tarefa vixiar os foros día por día. Teñen capacidade para editar e borrar mensaxes publicadas e bloquear, desbloquear, mover, borrar e dividir temas no foro que moderan. Xeralmente os moderadores están para previr que a xente publiquen mensaxes fóra do tema (off-topic) ou de contido abusivo ou ofensivo.
Volver arriba
Que son os grupos de usuarios?
Os Grupos de usuarios é unha das formas nas que o administrador do foro pode agrupar usuarios. Cada usuario pode pertencer a varios grupos (isto difire con respecto a moitos outros sistemas de foros) e a cada grupo pódenselle asignar dereitos de acceso individuais. Deste xeito facilítaselles aos administradores asignar a moderación dun foro a varios usuarios, ou darlles acceso a un foro privado, etc.
Volver arriba
Como podo pertencer a un grupo de usuarios?
Para xuntarte a un grupo de usuarios preme na ligazón de grupos de usuarios situada no encabezado da páxina (dependendo do deseño da sobreplanta) e poderás ver todos os grupos de usuarios. Non todos os grupos son de acceso aberto -- algúns son pechados e algúns tamén poden ser de pertenza oculta. Se o grupo é aberto podes solicitar o teu ingreso no mesmo premendo no botón axeitado. A túa solicitude terá que ser aprobada polo moderador do grupo de usuarios; pode ser que che pregunte os teus motivos para xuntarte co resto do grupo. Por favor, non importunes a un moderador de grupo se rexeita a túa solicitude -- terá as súas razóns.
Volver arriba
Como me fago moderador dun grupo de usuarios?
Os grupos de usuarios son creados inicialmente polo administrador do foro, quen, ao mesmo tempo, asigna un moderador ao foro. Se estás interesado en crear un grupo de usuarios o teu primeiro paso debe ser contactar co administrador, téntao logo enviándolle unha mensaxe privada.
Volver arriba

Mensaxería privada
Non podo enviar mensaxes privadas!
Hai tres posibeis razóns: Non estás rexistrado ou non iniciaches a sesión, o administrador deshabilitou o sistema de mensaxes privadas para todo o foro ou o administrador deshabilitou para ti individualmente a mensaxería privada. Neste último caso podes tentar preguntarlle ao administrador os motivos da súa decisión.
Volver arriba
Quero evitar mensaxes privadas non desexadas!
Nun futuro será engadida a característica de ignorar mensaxes. Por agora, se recibes mensaxes privadas non desexadas por parte de alguén, informa ao administrador -- el é quen pode evitar a un usuario enviar mensaxes privadas a fin de contas.
Volver arriba
Recibín spam ou correos abusivos procedentes de alguén neste foro!
Sentímolo moito. A característica de envío de correos-e deste foro inclúe procedementos que tentan controlar aos usuarios que efectúan tales envíos. Podes contactar co administrador do foro incluindo unha copia completa do correo-e que recibiches tal e coma viña, incluindo cabeceiras (moi importante, xa que estas especifican os detalles do usuario remitente da mensaxe). El tomará as medidas precisas.
Volver arriba

Sobre phpBB2
Quen programou este foro?
Esta aplicación (na súa forma orixinal) é producida, ceibada e con dereitos de autor pertencentes a phpBB Group. Está feito baixo a GNU (Licenza Pública Xeral) e é de distribución ceibe (preme na ligazón para coñecer máis detalles)
Volver arriba
Por que este foro non ten X cousa dispoñíbel?
Este foro foi escrito e licenzado a través do phpBB Group. Se cres que debería ter algunha outra opción ou característica visita phpbb.com e mira o que o phpBB Group ten que dicir. Por favor, non publiques mensaxes dese tipo nos foros de phpBB.com, xa que phpBB Group utiliza o Sourceforge para xestionar as tarefas de novas características. Por favor, recorre os foros e mira cal é, se a temos, a nosa postura concreta para determinadas características e logo segue o procedemento aquí descrito.
Volver arriba
Con quen podo contactar sobre abusos e/ou asuntos legais relacionados con este foro?
Podes contactar co administrador do foro. Se non atopas a forma de contactar con el téntao contactando con calquera dos moderadores. Se aínda non recibes resposta contacta co dono do dominio (fai un whois lookup) ou, se está nun servicio gratuito (e.g. yahoo, free.fr, f2s.com, etc.), coa dirección ou departamento de abusos dese servicio. Por favor, ten en conta que phpBB Group non ten ningún control e non pode de ningún xeito ser culpado de como, onde ou por quen se use este foro. É absolutamente inútil contactar co phpBB Group en relación con calquera asunto legal (cese ou suspensión, responsabilidade, comentarios difamatorios, etc.) non directamente relacionado co sitio web phpbb.com ou co sofware concreto do phpBB. Se mandas un correo-e ao phpBB Group sobre calquera uso dunha terceira parte deste software recibirás unha resposta concisa ou non recibirás resposta ningunha.
Volver arriba

Todas as horas son GMT + 1 Hora

Cambiar a:  


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala