ROTEIRO POR CORRUBEDO
- Detalles
- Publicado o Domingo, 20 Mai 2012 22:06
- Visitas: 44
O punto de encontro para a saída deste roteiro foi o Centro de Interpretación do Parque dunar de Corrubedo. Sorprendentemente, estaba aberto (as últimas veces sempre o encontráramos pechado). Así que antes de comezar a camiñar vimos a exposición do Centro, e un documental que nos explicou o proceso de formación do parque, que se orixinou no cuaternario.
Foi estupendo contar coa presenza de Diego, o noso biólogo favorito. As súas explicacións axudáronnos a mirar con ollos novos a flora e a fauna dun lugar que moitos de nós xa visitáramos máis veces.
Axudounos a entender as adaptacións das plantas a un medio tan hostil (area, vento, sol) como o das dunas. E guiou os nosos ollos cara animais (ou as súas pegadas) que de outro modo á maioría de nós houbérannos pasado desapercibidos.
VERDEGAIA PRESENTOU ALEGACIÓNS A UNHA PLANTACIÓN DE EUCALYPTUS NITENS NO CONCELLO DE SOBRADO(A CORUÑA)
- Detalles
- Publicado o Sábado, 19 Mai 2012 10:12
- Visitas: 36
Verdegaia presentou alegacións a esta plantación, que pretende eliminar toda a cuberta vexetal existente na zona e substituíla por unha enorme plantación de Eucalyptus nitens.
O estudo de impacto ambiental recolle unha listaxe de “Beneficios ecolóxicos”, entre os que se atoparían a “protección da diversidade da flora, a fauna e a paisaxe”, que se descalifican por si mesmos á vista do impacto que suporá o desbroce total da superficie vexetal, o emprego de maquinaria no monte e a realización de traballos de subsolado.
“Vai de roteiros!” polo Parque Natural de Corrubedo
- Detalles
- Publicado o Mércores, 16 Mai 2012 12:10
- Visitas: 107
Verdegaia organizará o vindeiro domingo 20 de maio un novoroteiroencadrado no programa de roteiros de VerdegaiaVai de roteiros!, desta volta polo Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. Sairemosás11:00 h. do Centro de Interpretación dos ecosistemas litorais de Galicia (CIELGA), Ribeira.
O programa Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballoconxunto entre asociacións, entre outras finalidades.
Día Internacional do Comercio Xusto 2012
- Detalles
- Publicado o Venres, 11 Mai 2012 08:46
- Visitas: 62
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO están organizando a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo dende o sábado 5 ata o 16 de maio para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.





